"Aspe" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 55.
-
PERSOEIRO
Relixioso. Foi colexial de Fonseca, catedrático de Prima de Leis (1677) e de Prima de Cánons (1678) na Univesidade de Santiago de Compostela. En 1681 nomeárono cóengo catedralicio de Mondoñedo. Posteriormente, ocupou os cargos de chantre e bispo auxiliar da catedral de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, en Roma e en París. Colaborou como debuxante en diversas publicacións e cultivou os temas clásicos, a pintura de historia, as escenas costumistas e, sobre todo, o retrato. Das súas obras destacan María Pita, El gaitero, El pescador, El pobre e El rico. Recibiu a medalla de prata nas exposicións rexionais de Santiago de Compostela (1875) e da Coruña (1878).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. Comezou en grupos de teatro afeccionado coruñeses; pouco despois trasladouse a Madrid e introduciuse no xénero das variedades como actor cómico. A súa relación co cine comezou co filme El sobre lacrado (1941), e a partir de aí traballou en máis de noventa películas entre España e Italia ao longo de catro décadas. Na década de 1940 participou en diversos filmes para Campa-Cifesa, como El pobre rico, Los ladrones somos gente honrada, La culpa del otro, Boda accidentada ou Un enredo de familia. Desde 1953 á década de 1960 empezou a traballar no cine italiano e participou nun gran número de spaguetti-westerns. Finalmente, interpretou papeis puntuais nunha serie de produtos fílmicos típicos do cine de xénero, como Pánico en el Transiberiano (1972), La isla del tesoro (1972) e La noche de la furia (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e psiquiatra alemán. Expoñente do existencialismo, concibiu a filosofía como unha “dilucidación da existencia”, como unha reflexión total da condición humana concreta, non abstracta, que se revela nas “situacións límite” (sufrimento, morte). O problema filosófico consiste en pensar toda a dimensión da existencia sen caer no irracionalismo. Expuxo o seu pensamento, entre outras obras, en Philosophie (1939), Von der Wahrheit (Da verdade, 1948), Vom Ursprung und Ziel der Geschichte (Orixe e fin da historia, 1949) e Einführung in die Philosophie (Introdución á filosofía, 1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escultor estadounidense. Iniciouse como artista comecial en Nova York, realizando obras de escaparatismo. Con Robert Rauschenberg foi o creador do neodadaísmo ou pop art e recuperou a encáustica como técnica pitórica. A súa obra móvese nun campo de imaxes existentes (como as bandeiras), con ilusións literarias e filosóficas. Desde 1986 o seu traballo dirixiuse cara aos valores alegóricos da pintura. Da súa obra destacan Target with Four Faces (1955), Three Flags (1958) e The Seasons (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista e dramaturago alemán. Coa novela inacabada Arminius, de temática patriótica, ofreceu unha obra de xénero enciclopédico. Destacou como dramaturgo barroco e escribiu Kleopatra (1661), Sophonisbe (1665-1669) e Agrippina (1669).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sindicalista e tipógrafo. Membro do consello federal da Federación Regional Española da Asociación Internacional de Trabajadores (AIT), foi delegado na Conferencia de Londres da AIT (1871). Estableceuse en Barcelona (1874) e ingresou na Federación de Trabajadores de la Región Española (FTRE) en 1885. Realizou unha intensa actividade de publicista e formou parte da redacción de Acracia (1886-1888) e El Produtor (1887-1893). Foi o introdutor do sindicalismo revolucionario francés, xunto con José López Montenegro. Desterrado polos feitos da Semana Tráxica de 1909, volveu a Barcelona en 1910 e escribiu El estado (1985), El banquete de la vida (1905), El proletariado militante I e II (1901-1910), El pueblo (1910) e Vida anarquista (1912).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Exiptólogo. A partir de 1880 dirixiu a misión arqueolóxica francesa en Exipto. Elixido director do museo de Būlāq (1881-1887) e do de Al- Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >Ǧ iza (1889), foi tamén xefe do servizo arqueolóxico exipcio. Escribiu, entre outros, l’Archeologie egyptienne (1887) e Histoire ancienne des peuples d’Orient (1894-1899).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fase regresiva estacional da función testicular de certos mamíferos e paxaros, especialmente dos que hibernan, que se produce durante este período e durante o que hai unha completa ausencia de secreción de espermatozoides.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Rodeiro baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (39.666 h [2001]). A súa economía baséase no sector terciario e nas industrias do cemento, dos materiais de construción, da alimentación e da confección.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ariedade criptocristalina do cuarzo, opaca e de cores variadas, segundo as impurezas, de gran moi fino e susceptible de ser moi pulido.
-
heliotropo.
-
-
-
de xaspear.
-
Que ten pintas de varias cores.
-
-
-
Pintar algo imititando as vetas e os picos do xaspe.
-
Termo da verba dos arxinas que corresponde á voz ‘mercar’.
-
Termo do latín dos chafoutas e do verbo dos daordes que corresponde á voz ‘pagar’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes que corresponde á voz ‘cu’.