Jaspe Rivas, Xosé
Actor. Comezou en grupos de teatro afeccionado coruñeses; pouco despois trasladouse a Madrid e introduciuse no xénero das variedades como actor cómico. A súa relación co cine comezou co filme El sobre lacrado (1941), e a partir de aí traballou en máis de noventa películas entre España e Italia ao longo de catro décadas. Na década de 1940 participou en diversos filmes para Campa-Cifesa, como El pobre rico, Los ladrones somos gente honrada, La culpa del otro, Boda accidentada ou Un enredo de familia. Desde 1953 á década de 1960 empezou a traballar no cine italiano e participou nun gran número de spaguetti-westerns. Finalmente, interpretou papeis puntuais nunha serie de produtos fílmicos típicos do cine de xénero, como Pánico en el Transiberiano (1972), La isla del tesoro (1972) e La noche de la furia (1974).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña -
Deceso
Lugar : Becerril, Madrid