Jaspe Rivas, Xosé

Jaspe Rivas, Xosé

Actor. Comezou en grupos de teatro afeccionado coruñeses; pouco despois trasladouse a Madrid e   introduciuse no xénero das variedades como actor cómico. A súa relación co cine comezou co filme El sobre lacrado (1941), e a partir de aí traballou en máis de noventa películas entre España e Italia ao longo de catro décadas. Na década de 1940 participou en diversos filmes para Campa-Cifesa, como El pobre rico, Los ladrones somos gente honrada, La culpa del otro, Boda accidentada ou Un enredo de familia. Desde 1953 á década de 1960 empezou a traballar no cine italiano e participou nun gran número de spaguetti-westerns. Finalmente, interpretou papeis puntuais nunha serie de produtos fílmicos típicos do cine de xénero, como Pánico en el Transiberiano (1972), La isla del tesoro (1972) e La noche de la furia (1974).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña

  • Deceso

    Lugar : Becerril, Madrid