Johns, Jasper

Johns, Jasper

Pintor e escultor estadounidense. Iniciouse como artista comecial en Nova York, realizando obras de escaparatismo. Con Robert Rauschenberg foi o creador do neodadaísmo ou pop art e recuperou a encáustica como técnica pitórica. A súa obra móvese nun campo de imaxes existentes (como as bandeiras), con ilusións literarias e filosóficas. Desde 1986 o seu traballo dirixiuse cara aos valores alegóricos da pintura. Da súa obra destacan Target with Four Faces (1955), Three Flags (1958) e The Seasons (1985).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Augusta, Georgia