"Atari" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 69.

  • Compilación de diplomas e outros documentos relativos a unha institución, un personaxe, un territorio ou unha época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen recibe unha doazón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa en beneficio da que se endosa un documento de crédito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Beneficiario dun feudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa á favor da que se fai un legado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que toma en locación unha propiedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que acepta a xestión dun asunto mediante un contrato de mandato.

    2. Xefe dun estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía teatral creada en Santiago de Compostela en 1986. Os seus fundadores foron Ana González Vallés, actriz, dramaturga e directora; e Baltasar Patiño, escenógrafo, iluminador e director da Sala Galán. Participou en espectáculos que apostaban pola experimentación e a improvisación en festivais como os de Sitges, Edimburgo ou Novi-Sad. Coordinou unha intensa actividade de promoción e distribución de novas formas teatrais e organizou, en Santiago de Compostela, o festival de teatro-danza na rúa En Pé de Pedra. Dos seus espectáculos destacan O cumpreanos da infanta (1986), Hamletmaschine (1989), Café Acústico (1992, Premio Compostela á mellor iluminación e á mellor dirección 1993), Deriva (1993, Premio Compostela á mellor iluminación 1994), Negro e negro (Premio María Casares ao mellor espazo escénico e á mellor iluminación 1998), The Queen is dead (1999, Premio María Casares á mellor dirección 2000) e A brazo partido (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro situado en Cervás (Ares). Construído en 1393 nun estilo románico de transición ao gótico, destaca especialmente un dos seus dous claustros, de estilo renacentista. A igrexa sufriu modificacións no s XVIII, pasando de ter planta en forma de cruz a unha nave de cuberta única con bóveda de canón. Destaca o retablo barroco de madeira. O mosteiro viuse afectado en 1837 pola desamortización de Mendizábal, e os relixiosos franciscanos tiveron que abandonalo en favor do exército, en mans de quen estivo ata o ano 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fábrica de orchata ou lugar onde se fai orchata.

    2. Casa onde venden orchata e bebidas análogas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento popular de carácter político-relixioso, creado en Milán en 1055 en reacción contra a simonía e o nicolaísmo. Gregorio VII protexeunos contra o bispo Guido de Velate. Minguou coa morte do bispo simoníaco Erlembaldo (1075), pero antes reduciu a autonomía da Igrexa Milanesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á pataria.

    2. Seguidor da pataria.

    3. Aplícase aos cátaros e valdenses dos ss XII e XIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e publicista. Pioneiro da semiótica e da teoría da comunicación en Brasil, publicou o estudo Semiótica & Literatura (1979). No apartado literario cultivou a poesía concreta e colaborou en Revista de Novíssimos e Revista Brasileira de Poesia, onde publicou as súas primeiras composicións. Fundador do grupo Noigandres (1952) e relacionado co grupo Ruptura, no seu libro Poesia, pois é poesia (1977) reúne toda a súa obra poética.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Práctica de asalto e roubo de embarcacións e mercadorías en mar aberto ou de saqueo de poboacións costeiras. As denominadas goridas de piratas establecéronse en lugares estratéxicos das diferentes rutas comerciais. Na Antigüidade centrouse basicamente no Mediterráneo; na Idade Media, viquingos, normandos e musulmáns, particularmente turcos, destacaron nesta práctica. Co descubrimento de América e o monopolio castelán sobre o comercio con aquelas terras, a pirataría desenvolveuse extraordinariamente coa participación directa de Inglaterra, Francia e Holanda, ben de xeito individual ou con patentes de corso, e ao se desprazar as rutas comerciais ao Índico, os núcleos de pirataría establecéronse no Mar Vermello e na illa de Madagascar. O pirata galego máis destacado foi Bieito Soto Aboal (1805-1830).

    1. Roubo, apropiación ou plaxio de bens alleos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte e oficio do prateiro.

    2. Local ou obradoiro onde se venden ou traballan obxectos de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que implica ou contén unha protesta.

    2. Que ou quen protesta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Qatar ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Qatar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Roubo ou furto de cousas pouco valiosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa a favor de quen se fai unha renuncia.

    VER O DETALLE DO TERMO