pirataría
(
-
-
s
f
[HIST]
Práctica de asalto e roubo de embarcacións e mercadorías en mar aberto ou de saqueo de poboacións costeiras. As denominadas goridas de piratas establecéronse en lugares estratéxicos das diferentes rutas comerciais. Na Antigüidade centrouse basicamente no Mediterráneo; na Idade Media, viquingos, normandos e musulmáns, particularmente turcos, destacaron nesta práctica. Co descubrimento de América e o monopolio castelán sobre o comercio con aquelas terras, a pirataría desenvolveuse extraordinariamente coa participación directa de Inglaterra, Francia e Holanda, ben de xeito individual ou con patentes de corso, e ao se desprazar as rutas comerciais ao Índico, os núcleos de pirataría establecéronse no Mar Vermello e na illa de Madagascar. O pirata galego máis destacado foi Bieito Soto Aboal (1805-1830).
-
s
f
[HIST]
-
s
f
Roubo, apropiación ou plaxio de bens alleos.
Ex: Loitan contra a pirataría informática.
Sinónimos: piratería.