Piratas, Los
Piratas, Los
[MÚS]
Grupo de rock formado en Vigo que comezou a súa carreira musical na década de 1990. Integrado por Iván Ferreiro, Paco Serén, Alfonso Román, Javier Fernández (Hal 9000) e Pablo Álvarez, caracterizouse por un estilo moi persoal que partía do rock psicodélico. Da súa discografía destaca Quiero hacerte gritar (1993), Poligamia (1995), Manual para los fieles (1997), Fin (de la primera parte) (1998), Ultrasónica (2001), Relax (2003) e Fin (de la segunda parte) (2004), con que deron por finalizada temporalmente a súa carreira como grupo musical.