"Aude" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 102.

  • PERSOEIRO

    Trobador occitano. Consérvanselle dezaseis cancións, un planh sobre a morte de Uc Brunenc, un poema didáctico sobre as virtudes cardinais e un tratado de cetrería duns 4.000 versos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor canadense. Discípulo de Bordas na École du Meuble, iniciou a súa andaina artística como pintor, ilustrador e decorador artístico. Realizou esculturas de carácter público. En 1985 recibiu o Premio Paul-Émile Bordas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Debido á ruína económica da súa familia abandonou os seus estudios e traballou como pasante; posteriormente, trasladouse a París, onde exerceu como xornalista e secretario do duque de Morny. Clasificado como realista a causa da súa temática rexionalista provenzal, foi un impresionista que presentou a realidade cunha gran sensibilidade e que creou personaxes inmortais. Da súa produción destacan, entre outras obras, La dernière idole (O derradeiro ídolo, 1862), Le petit chose (A cousiña, 1868), Lettres de mon moulin (Cartas dende o meu muíño, 1869), Aventures prodigieuses de Tartarin de Tarascon (As prodixiosas aventuras de Tartarin de Tarascon, 1872), L’arlésienne (A arlesiana, 1872), Les contes du lundi (Contos do luns, 1873), Jack (1876), Numa Roumestan (1881), L’évangéliste (O evanxelista, 1883), Sapho (1884), La petite paroisse (A pequena parroquia, 1895), Trente ans...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor, fillo de Alphonse Daudet. Máis crítico que novelista, foi sobre todo un xornalista acedo e defensor do ideal nacionalista de Charles Maurras, con quen fundou o diario L’Action Française. Da súa produción destacan as obras: Les morticoles (1894), Les Kamchatka (1895) e L’Avant Guerre (1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor francés. Realizou estudios musicais no Conservatorio de París onde foi discípulo de Lavignac, Guiraud e Marmontel. Na súa xuventude comezou as xiras musicais como pianista por distintos países de Europa (Francia, Italia, Rusia, etc) e converteuse no músico privado da baronesa Nadejda von Meck, mecenas de Chaikovski. En 1884 gañou o Grand Prix de Roma coa cantata L’enfant prodigue, feito que lle proporcionou a posibilidade de estudar en Roma e instalarse en Villa Medici, onde coñeceu, entre outros, a Verdi. Despois da súa estancia en Roma, regresou a París e alí coñeceu a outros poetas e escritores da época. Representante do impresionismo musical e un dos precursores da música moderna, a súa obra relacionouse coa pintura e a literatura do momento, e converteuse nunha especie de continuación destas; ademais, a súa estética tentou reflectir a esencia da natureza e traspasala a notas estimuladoras da imaxinación baixo un ton poético. Autor dun gran número de artigos de crítica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Realizou estudios musicais no Conservatorio de París e dirixiu e renovou os conservatorios de Versailles (1931-1941) e París (1941-1954). Escribiu diversas óperas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e político. Foi membro dos Estados Xerais en 1789. Elaborou a doutrina da Ideoloxía, que procuraba a análise das ideas co fin de descubrir as sensacións nas que se baseaban. Escribiu Les éléments d´idéologie (Os elementos da ideoloxía, 1801-1819), que comprendía: Idéologie (Ideoloxía, 1801), Grammaire générale (Gramática xeral, 1803), Logique (Lóxica, 1805), Traité sur la volonté (Tratado sobre a vontade, 1815) e Commentaire sur l’esprit des lois (Comentario sobre o espírito das leis, 1819).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e enxeñeiro naval. Licenciado pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Navais de Madrid (1968), despois de traballar en diversas empresas relacionadas coa construción naval e a pesca, desempeñou os cargos de conselleiro de Pesca (1982) e conselleiro de Industria, Enerxía e Comercio (1984). Foi deputado no Parlamento de Galicia (1985-1987) e no Parlamento Europeo (1987), e desde 1996 Director Xerente da Fundación Provigo e a súa Área.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro aeronáutico alemán. Comezou a traballar con Zeppelin na construción de dirixibles e pouco antes da Primeira Guerra Mundial fundou a firma Dornier de construción aeronáutica. Con esta empresa construíu o hidroavión xigante DO-X (1929), capaz de transportar 169 pasaxeiros. Durante a Segunda Guerra Mundial deseñou diferentes modelos de avións. Despois da contenda creou o DO-25 (1955) e o DO-27 (1956). Colaborou con Avions Marcel Dassault e realizou avións e helicópteros civís e militares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo. Son notables os seus estudios sobre a brillantez do ceo nocturno, baseados nun gran número de medidas fotométricas, espectroscópicas e polarimétricas, e sobre a materia interestelar na rexión central da Via Láctea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político haitiano, fillo de François Duvalier. Coñecido polo sobrenome de Baby Doc, sucedeu a seu pai na presidencia do país (21.4.1971). Durante o seu goberno iniciou unha política de tímidas aperturas, adoptou unha nova Constitución e convocou eleccións lexislativas en 1984, pero antes dos comicios encarcerou o líder opositor Sylvio Claude, de maneira que o partido oficial, o CONAJEC (Comité de Acción Jeanclaudista), obtivo a vitoria. Sobreviviu a diversos atentados e ao intento de derrocamento organizado por un grupo de exiliados dirixido por Bernard Sansarico (1982). As revoltas populares e a retirada do apoio norteamericano obrigárono a fuxir de Haití o 7 de febreiro de 1986 e só Francia aceptou concederlle asilo de xeito temporal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, escultor e arquitecto. Discípulo de Leonardo da Vinci, o seu estilo inscríbese no gótico lineal. Colaborou con Raffaello na decoración da vila Farnesina en Roma (1516) e decorou, entre outras, Santa Maria delle Grazie e Santa Maria della Pace en Milán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Florida, EE UU (152.397 h [2000]). Sitúase a carón da costa do Atlántico, na desembocadura do New. É unha zona residencial e turística. Do seu patrimonio cultural destacan o Broward Center for the Performing Arts, o Fort Lauderdale Museum of Art e o Museum of Discovery and Science.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de enganar a alguén para prexudicalo ou obter vantaxe en detrimento del.

    2. Engano consciente co que se prexudica a outro para beneficiarse.

    3. Cousa de mala calidade ou que defrauda.

    4. Acción contraria á lei, ou aos dereitos que dela se derivan, coa intención de tirar un proveito a costa do Estado ou doutros. Por si mesma non constitúe delito, pero é parte fundamental de moitos (estafa, quebra fraudulenta, etc) e é unha agravante xenérica.

    5. Intención de prexudicar a alguén ou de aproveitarse dun erro seu en beneficio propio, tanto no momento de celebrarse un acto ou contrato como durante a súa execución.

    6. Acción de falsear as declaracións ao fisco ou de cometer actos maliciosos en prexuízo deste, coa intención de eludir as obrigas fiscais.

    7. Negocio xurídico que pode ser obxecto de rescisión cando o debedor, mediante o exercicio do dereito a dispoñer dos bens do seu patrimonio, priva aos seus acredores da posibilidade de satisfacer os seus créditos.

    8. Acción realizada ao amparo do texto dunha norma encamiñada a obter un resultado contrario a dereito. Esta acción non impide a debida aplicación da norma que se pretendía eludir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante francés. Participou co seu irmán Henri de Saulses de Freycinet (Montélimar 1777-Rochefort 1840) na expedición do capitán Baudin ás costas do SO de Australia (1800-1804). Realizou unha viaxe científica ao redor do mundo para estudar o magnetismo terrestre (1817-1820) que recolleu na obra Voyage autour du monde (1824-1844).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gravador de imprenta. Foi alumno de Geoffroy Tory e perfeccionou o tipo de Jenson e de Manuzio. O tipo que el creou recibe o nome de garamond; gravou os caracteres gregos para a Imprenta Real francesa (1544), coñecidos como gregos do rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canción baseada nun texto latino do s XIII, de orixe goliardesca, considerada o himno universitario internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do nome augural latino Gaudentius, derivado do verbo gaudere ‘gozar’, ‘ser feliz’. Levan este nome san Gaudencio de Cominges (s V), celebrado o 30 de agosto; e os santos italianos san Gaudencio de Rimini (ss III-IV), celebrado o 14 de outubro, san Gaudencio de Brescia (ss IV-V), celebrado o 25 de outubro, e san Gaudencio de Novara (s V). Así mesmo, existiu unha santa Gaudencia, lendaria virxe e mártir de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • san (Brescia 360? - 410?) Eclesiástico, escritor e bispo de Brescia (397-410?). Amigo de Ambrosio de Milán, intercedeu a favor de Xoán Crisóstomo, perseguido pola corte de Constantinopla. Deixou vinte e un sermóns escritos nun estilo simple e claro, con influencias clásicas. A súa festividade celébrase o 25 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Coñecido como Claudio de Lorena e como Le Lorrain, formouse con Agostino Tassi cara ao 1619, e desenvolveu os seus dotes pitóricos co estudo da perspectiva e das obras do luminista flamengo Paul Bril. Centrou a súa atención na paisaxe, tratando de captar a atmosfera a través da cor. Destacaron a serie de paisaxes bíblicas do Ermitán, A mañá (1667), O mediodía (1661), A tarde (1663) e A noite (1672).

    VER O DETALLE DO TERMO