"Austria" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 61.
-
PERSOEIRO
Raíña de Francia, filla do Emperador Francisco I e de María Tareixa I de Austria. Casou con Luís XVI de Francia, e cando este ascendeu ao trono (1774), o seu dominio sobre o rei reflectiuse nunha forte influencia política. Acusada de favorecer os intereses de Austria, mal vista por culpa dos seus excesivos dispendios e pola súa oposición a toda clase de reformismo, a opinión tornouse en contra dela. Durante a Revolución Francesa fixérona prisioneira xunto co rei (13 de agosto de 1792), e executárona ao ano seguinte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Nápoles e Sicilia, filla do Emperador Francisco I e de María Tareixa I de Austria. Casou en 1767 co Rei Fernando I das Dúas Sicilias, sobre quen exerceu unha grande influencia. Coa Revolución Francesa e a execución da súa irmá, a Raíña María Antonieta, púxose á fronte dos reaccionarios e foi responsable dos cruentos acontecementos de Nápoles (1799). Ocupada a cidade por Napoleón I Bonaparte, refuxiouse coa súa familia no Reino de Sicilia, e posteriormente en Austria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña (1879-1885) e rexente (1885-1902) de España, filla do arquiduque Carlos Fernando de Austria e de Isabel de Austria-Leste-Modena. Foi a segunda esposa do Rei Afonso XII e trala morte deste (1885), foi proclamada rexente. O nacemento de Afonso XIII en 1886, fillo póstumo do rei, puxo fin ás especulacións sucesorias. A rexencia caracterizouse pola aplicación do Pacto de El Pardo, e no goberno favoreceu o seu amigo persoal Práxedes M. Sagasta, polo que facilitou ao Partido Liberal a aplicación das reformas políticas máis importantes da Restauración.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Hungría (1522-1526), filla de Filipe I o Fermoso e Xoana I a Tola. Casou en 1522 con Luís II de Hungría. En 1531 foi nomeada gobernadora dos Países Baixos polo seu irmán, o Emperador Carlos V, e participou nas guerras imperiais contra Francia. En 1555 retirouse a Castela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperatriz romano-xermánica, raíña de Hungría e Bohemia e arquiduquesa de Austria, filla do Emperador Carlos V e de Isabel de Portugal. En 1548 casou en Valladolid co seu curmán Maximiliano II ; de Austria. Ambos os dous recibiron o título de reis de Bohemia e foron gobernadores por ausencia de Filipe II, o seu irmán. Cando este volveu en 1551, pasaron a Alemaña. Xa viúva, volveu a Madrid (1581) e ingresou no convento de Las Descalzas Reales.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperatriz romano-xermánica, raíña de Hungría e Bohemia e arquiduquesa de Austria, filla de Filipe III de Castela e de Margarida de Austria. Casou co Emperador Fernando III (1631).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperatriz de Francia, filla do Emperador Francisco I. Casou en 1810 con Napoleón I Bonaparte, quen buscaba a consolidación do seu trono ante as monarquías tradicionais. En 1811 tivo un fillo, nomeado rei de Roma e futuro sucesor de Napoleón. Ao caer este, non o seguiu no exilio e volveu á Corte de Austria. Recibiu os ducados de Parma, Piacenza e Guastalla en 1815, e deixou o goberno en mans dos seus cortesáns.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Francia, filla de Filipe IV. Casou con Luís XIV de Francia, segundo o estipulado na Paz dos Pireneos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou María Tareixa de Habsburgo (Viena 1717 - 1780) Arquiduquesa de Austria, raíña de Hungría e de Bohemia (1740-1780) e emperatriz romano-xermánica, filla do Emperador Carlos VI. O seu pai, pola Pragmática de 1713, aseguroulle os dominios patrimoniais de Austria, pero cando morreu este en 1740, Federico II de Prusia invadiu Silesia (1740-1741) e o elector de Baviera foi proclamado emperador, co nome de Carlos VII (1742). Coa axuda de Inglaterra e Hungría, fixo coroar emperador en 1745, co nome de Francisco I, ao duque Francisco III de Lorena, co que casara en 1736. Pola Paz de Aquisgrán foi recoñecida a devandita coroación e a cesión de Silesia a Prusia, o ducado de Milán a Savoia e os ducados de Parma, Piacenza e Guastalla a España. Seguindo as directrices do seu ministro Kaunitz-Rietberg, iniciou reformas fiscais e administrativas, e reorganizou o exército.
-
PERSOEIRO
Raíña (1649-1665) e rexente (1655-1677) de España, filla do Emperador Fernando III. Casou en 1649 co seu tío, Filipe IV. Foi rexente mentres o seu fillo, o futuro Carlos II, non foi maior de idade. Confiou nesta época o poder aos seus favoritos: o xesuíta Nithard e Fernando de Valenzuela y Enciso.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquiduque de Austria, rei dos romanos (1486-1493) e emperador romano-xermánico (1493-1519). O matrimonio con María I de Borgoña (1477) aumentou as súas posesións co Franco Condado, Brabante, Hainaut, Luxemburgo, Holanda, Zelanda, Artois, Flandres e Charolais. Como emperador procurou reforzar a súa autoridade e así en 1495 aprobou a creación dunha cámara de xustiza imperial. Máis tarde, intentou a creación dunha administración común aos seus estados patrimoniais e ao imperio, por medio da chancelería áulica (Hofkammer). Polo Tratado de Noyon (1516) incorporou aos seus estados Trieste, Fiume e unha parte de Friüli. Casou o seu fillo Filipe (futuro Filipe I) con Xoana (futura Xoana I), filla dos Reis Católicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Bohemia (1562) e de Hungría (1563) e emperador de Alemaña (1564-1576), fillo de Fernando I e de Anna Jagellon. Participou xunto co Emperador Carlos V nas campañas contra Francia (1544) e os protestantes (1547). Foi elixido rei dos romanos en Frankfurt (1562).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado aos Países Baixos do Sur para designalos durante o tempo en que estiveron baixo a dominación de Austria (1713-1792).
-
PERSOEIRO
Arquiduque de Austria, fillo único do Emperador Francisco Xosé I de Austria e de Isabel de Baviera. Casou con Estevaíña de Bélxica (1881). Foi atopado xunto coa súa amante, a baronesa María Vetzera, morto a tiros no pavillón de caza de Mayerling.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Alemaña e do Sacro Imperio Romano Xermánico (1273-1291), duque de Austria, Carintia, Estiria e Carniola (1276-1282). Ao suceder ao seu pai, o conde Alberte IV, foi conde de Habsburgo e landgrave de Alta Alsacia (Rodolfo IV, 1239?-1291). A súa elección como rei puxo fin ao interregno (1250-1273). Enfrontouse ao Rei Otakar II de Bohemia, que polo Tratado de Viena (1276) viuse obrigado a cederlle Austria, Carintia, Estiria, Carniola e Istria, que repartiu entre os seus fillos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? 1339 - 1365) Duque de Austria (1358-1365). Perseguiu a total independencia dos seus territorios respecto do Imperio Austríaco mediante documentos falsos, pero o seu sogro, o emperador, non accedeu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conflito bélico europeo que estalou coa morte sen descendencia masculina do Emperador Carlos VI de Austria en 1740. As potencias europeas negáronse a recoñecer a súa filla María Tareixa como sucesora. O conflito comezou coa conquista de Silesia por parte de Federico II de Prusia (1740-1741). Deseguido, Francia, España, Baviera e Saxonia uníronse ao vencedor e formaron a Liga de Nymphenburg. María Tareixa non puido impedir a ocupación da Alta Austria e de Bohemia por parte das tropas franco-bávaras (1741) nin a elección e proclamación en 1742 de Carlos Alberte de Baviera como emperador (Carlos VII). Non obstante, conseguiu afastar temporalmente do conflito os exércitos prusianos. O progresivo illamento de Francia determinou o reforzo da súa alianza con España (Segundo Pacto de Familia, 1743) e a volta de Prusia á guerra (1744). En 1748 chegouse á paz en Aquisgrán. Francia restituíu todos os territorios conquistados e conformouse con recuperar as colonias perdidas, Federico II asegurouse...
-
PERSOEIRO
Rei franco de Neustria e Borgoña (673 e 675-691) e de Austrasia (679-691), irmán e sucesor de Clotario III. Durante moitos anos foi pupilo do mestre de palacio Ebroín, quen o impuxo como rei de Neustria á morte do seu irmán. Deseguido foi deposto pola nobreza. Morto Khilderico II de Austrasia en 657, volveu ser nomeado rei, pero Ebroín derrotouno e opúxolle ao seu fillo Clodoveo III. Chegaron a un entendemento e Ebroín protexeuno de novo e impúxoo en Austrasia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xoán de Austria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xoán Xosé de Austria.