"Avís" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 69.
-
PERSOEIRO
Actriz norteamericana. Coñecida como Geena Davis, estudiou interpretación no New England College e na Boston University. Comezou no cine cun papel secundario na película Tootsie (1982) e obtivo un Oscar en 1988 polo seu papel en The Accidental Tourist (O turista accidental). Participou noutros filmes, como Thelma and Louise (Thelma e Louise, 1991), Hero (Heroe por accidente, 1992) ou Cutthroat Island (A illa das cabezas cortadas, 1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo e xeógrafo estadounidense. Foi profesor de xeografía física e xeoloxía na Harvard University (1876-1912). Os seus estudios sobre a erosión fluvial nas penechairas norteamericanas levárono a enunciar a doutrina dos ciclos de erosión. Foi fundador e presidente da Asociation of American Geographers e da American Geological Society. Entre as súas obras destacan Elementary Meteorology (Meteoroloxía elemental, 1894), Physical Geography (Xeografía física, 1898) e The Coral Reefs Problem (O problema dos arrecifes coralinos, 1928).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor inglés. Traballou en Londres e Edimburgo e destacou como retratista. Entre as súas obras destacan os retratos do Príncipe de Gales, Richard Cooper e o almirante Byng.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico musical. Dirixiu Musical World e os seus artigos en The Times obtiveron un grande éxito na época.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico norteamericano. Realizou estudios nas universidades de Chicago e Princeton, onde se doutorou en 1911. Foi profesor de física no Carnegie Institute of Technology (1911-1917) e, posteriormente, traballou no departamento de enxeñería da Western Electric Company e na University of Virginia. Realizou numerosas investigacións no campo da emisión termoiónica dos metais e foi un dos precursores da microscopia electrónica. Investigou, xunto con L. H. Germer, a difracción dos electróns. En 1937 compartiu con sir George Thomson o Premio Nobel de Física polos seus traballos sobre a difracción electrónica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Experimento efectuado en 1927 por C. J. Davisson e L. H. Germer que serviu para demostrar que as partículas de materia, baixo determinadas condicións, presentan un movemento ondulatorio. Ao bombardear un cristal de níquel cun feixe de electróns, observouse na placa receptora que os electróns resultaban difractados pola rede cristalina; este fenómeno significou a comprobación experimental da hipótese De Broglie.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Perder de vista algo ou alguén.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en 1858 en Lugo e que cesou ao chegar ao seu cuarto número. Tiña periodicidade bisemanal e saía os xoves e os domingos. Impreso por Manuel Soto Freire, contaba con Luciano Sánchez Gil como único director e redactor.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico aparecido probablemente en 1863 na Coruña e subtitulado “de La Coruña y de Galicia”. Incluíu despachos telegráficos, noticias sobre as Cortes constituíntes, novas breves internacionais, calendario, cultos e prezos das mercadorías nos peiraos do porto da Coruña. En 1885 contaba cun correspondente, Mr. A. Lorette, en París. No eido literario apareceu unha égloga en galego de Francisco Mª de la Iglesia, unha “Hoja Literaria Tuy-Valença”, da autoría de Benito Puig, a composición “Tu patria y la mía”, de Filomena Dato Muruais, e “El Fin de año”, de Federico Bahola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal aparecido o 6 de marzo de 1843 en Santiago de Compostela que cesou a súa edición o 5 maio do mesmo ano. Imprimíase nos obradoiros tipográficos da Viuda e Hijos de Compañel. Incluíu novas da cidade, información de carácter económico, anuncios, santoral, efemérides e unha sección de variedades onde insería disposicións gobernativas e noticias de carácter xeral.
-
-
Doutrina que defende a escravitude.
-
Práctica do comercio de escravos e utilización no traballo dos mesmos.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao escravismo.
-
Que ou quen é partidario do escravismo.
-
-
-
Estudio da cultura, das linguas e das literaturas eslavas.
-
Afección ao eslavo.
-
Palabra ou xiro propios dunha lingua eslava ou procedentes dela.
-
paneslavismo.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao eslavismo.
-
Persoa que cultiva o eslavismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama de estudios sobre a historia, lingua, arqueoloxía, cultura, ou outros temas relacionados cos pobos eslavos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cova ou soto situada debaixo dos templos para almacenar e ocultar os obxectos de culto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capa superior ionizada da atmosfera, situada entre os 80 e os 120 km de altitude. É a principal compoñente da ionosfera. As ondas radioeléctricas de frecuencia menor de 6 MHz que chegan a esta capa son reflectidas outra vez cara á Terra, propiedade na que se basean as transmisións de radio a longa distancia. A existencia desta capa foi postulada por Heaviside e, independentemente, por A.E.Kennelly. Tamén recibe o nome de capa E ou capa Kennelly-Heaviside.
-
ENTRADA LARGA
Función H(x) real de variable real definida por
VER O DETALLE DO TERMO
0, x < 0
H (x) = {
1, x > 0
Emprégase en casos en que unha magnitude pasa bruscamente de 0 a un valor constante non nulo. As propiedades de H(x) deron lugar á teoría de distribucións. Tamén recibe o nome de función escalón ou escalón unitario de Heaviside. -
PERSOEIRO
Físico e matemático inglés. Desenvolveu a teoría do cálculo vectorial e creou o calculo simbólico. Estudiou a teoría das ondas electromagnéticas, a telefonía e a telegrafía, e formulou a hipótese da capa de Heaviside.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a unha das fontes, os documentos e as tradicións principais (abreviada, J) que se discernen no Pentateuco. Ten como trazos característicos, entre outros, o uso do nome de Iavé (e non o de Elohim) e o de Israel (en lugar de Xacob). Presenta unha visión universalista da historia e unha concepción antropomórfica de Deus. Orixinaria do Reino de Xudá, esta fonte é anterior ao 721 a C.