Davis, William Morris

Davis, William Morris

Xeólogo e xeógrafo estadounidense. Foi profesor de xeografía física e xeoloxía na Harvard University (1876-1912). Os seus estudios sobre a erosión fluvial nas penechairas norteamericanas levárono a enunciar a doutrina dos ciclos de erosión. Foi fundador e presidente da Asociation of American Geographers e da American Geological Society. Entre as súas obras destacan Elementary Meteorology (Meteoroloxía elemental, 1894), Physical Geography (Xeografía física, 1898) e The Coral Reefs Problem (O problema dos arrecifes coralinos, 1928).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Philadelphia

  • Deceso

    Lugar : Pasadena