"BAL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1242.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, na beira do río Guadelmena (1.753 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou Albalat de Pardines Concello da provincia e Comunitat Valenciana, á esquerda do Xúcar, (3.473 h [1996]). Arroceiros, horta e laranxeiras. Antigo casarío musulmán repoboado por cristiáns (1238). Igrexa do final do s XVII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Albalat de Mossén Sorell . Concello da provincia e Comunitat Valenciana (3.530 h [1996]). Agricultura de horta, laranxas e viñas. Materiais de construción e conservas vexetais. Igrexa parroquial do s XVIII.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Teruel, Aragón, ao pé da serra dos Arcos (2.434 h [1996]). Ten un conxunto monumental mudéxar, gótico e renacentista.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Tributo que gravaba as vendas de todos os produtos, pagado polo vendedor á facenda pública, consistente nunha porcentaxe do prezo que figuraba no contrato de compravenda. No caso de tratarse dunha permuta, debía ser pagado por ambos contratantes. Era, xa que logo, un imposto indirecto gravante das transaccións mercantís, que afectaba a todas as categorías sociais. Ben que a alcabala foi a máis importante fonte de ingresos da Coroa, constituíu un grave obstáculo para o comercio. Foi establecida no 1341 por Afonso XI de Castela, con carácter temporal e limitada ao 5% do valor das mercadorías; a dinastía Trastámara converteuno en perpetuo, elevándoo ao 10%. Foi suprimido polas Cortes de Cádiz, pero non desapareceu definitivamente ata 1845, coa reforma tributaria de Mon. A oposición ao establecemento das alcabalas nos Países Baixos Españois foi moi forte, sufrindo aprazamentos durante dous anos e rematando nunha parálise comercial. Nas colonias españolas impúxose entre 1571 e 1591 un dereito...
-
alcabalas alienadas Aquelas que non eran computadas pola Real Facenda ao non as recadar directamente.
-
alcabala do vento Tributo que alguén debía pagar polas mercadorías que vendía nun lugar no que era forasteiro.
-
-
-
Pertencente ou relativo á alcabala.
-
Libro no que figuraban as leis e ordenanzas relativas á forma na que debían repartirse e cobrarse as alcabalas.
-
Lista para a repartición e cobro de alcabalas.
-
Territorio no que se cobraban ou se pagaban as alcabalas.
-
-
-
Encargado de administrar ou cobrar as alcabalas.
-
O que arrendaba as alcabalas dalgunha provincia, cidade ou vila.
-
-
PERSOEIRO
Poeta castelán. Da súa produción poética, reunida a maior parte postumamente, coñécense sobre todo as composicións humorísticas como La cena jocosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Wilhelm Häring.
-
PERSOEIRO
Historiador e avogado escocés. Escribiu History of Europe from the commencement of the French Revolution to the Restoration of the Bourbons (Historia de Europa dende a Revolución Francesa ata a Restauración dos Borbóns, 1833-1842) e History of Europe from the fall of Napoleon to the accession of Louis Napoleon (Historia de Europa dende a caída de Napoleón ao ascenso de Luís Napoleón, 1852-1859), de carácter conservador. Rexeitou as teorías malthusianas en Principles of population (Principios de poboación, 1840).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Foi mariño e enxeñeiro e destacou como matemático. No 1800 encargouse da confección do plano xeográfico e estatístico da Arquidiócese de Compostela. No 1812 foi deputado nas Cortes de Cádiz e no 1814 sufriu persecución polas súas ideas liberais, tendo que exiliarse ata 1820, data na que, tralo triunfo do alzamento liberal de Riego, volve a España. Durante o exilio escribira a obra en seis tomos Consideraciones generales sobre varios puntos históricos, políticos y económicos a favor de la libertad y fomento de los pueblos, y noticias particulares de esta clase relativas al Ferrol y su comarca, que agora pode publicar (Madrid, 1820). Neste segundo período constitucional foi de novo deputado. Volverá ser perseguido a partir do 1823, cando a invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís remata co réxime liberal restaurando o absolutismo monárquico de Fernando VII. Retirada a súa obra da venda ao público a partir do 1823, morreu na cidade natal arruinado polos gastos de impresión.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situado na parroquia de Coruxo (Vigo), representa unha serie de varias coviñas.
-
GALICIA
Médico. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu a profesión de médico na súa vila de adopción, Melide. Afeccionado aos estudios históricos e arqueolóxicos escribiu: El altar de la Inquisición de Santiago, Un hospital de peregrinos en Galicia, Pinturas murales en la iglesia de Santa María de Melide, Escultura en Galicia: los gaiteros, que publicou en revistas como Galicia Diplomática, Galicia histórica e Boletín de la Real Academia Gallega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e financeiro. De familia xudía, dedicouse aos negocios dende ben novo. Despois do Trienio Constitucional ou Liberal (1823) exiliouse en Londres, dende onde financiou a expedición que rematou coa monarquía absoluta en Portugal. No 1835 volta a España e foi nomeado Ministro de Facenda e logo Xefe do Goberno, tras do que ocupou de novo o Ministerio de Facenda (1836, 1837 e 1843). Sobranceira figura do Partido Progresista, promoveu dende o seu ministerio un paquete de reformas das que salientan, por unha banda, o alistamento xeral no exército (servicio que podía trocarse polo pagamento dunha indemnización), e por outra, a supresión de case todas as ordes relixiosas (1835) agás as dedicadas ao ensino e á asistencia, vendendo os bens do resto ( desamortización) en subasta pública (leis do 1836 e 1837). O obxectivo destas medidas era ao tempo de carácter económico e político, pero non foi plenamento desenvolvido. Cando no 1844 os moderados acadaron o poder exiliouse novamente...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naceu no seo dunha familia que xa dera ilustres escritores como Luís de la Riega, Xoaquín Pesqueira ou Xoán Manuel Pintos Villar. Fixo os seus primeiros estudos no Colexio Balmes e despois no Instituto Xeral e Técnico da súa cidade natal. Estudante menos que regular, o seu paso polas universidades de Santiago e Madrid para cursar Filosofía e Letras e Dereito foi un fracaso. A súa vocación literaria posúe un primeiro punto de referencia en Madrid, en 1920, cando vivindo cunha certa bohemia contactou con Evaristo Correa Calderón e Ramón Gómez de la Serna, comezou a publicar artigos e poemas en medios de prensa como La Tribuna ou España. Enviou tamén colaboracións ao Diario de Pontevedra e Parábola (Burgos). Retornado a Pontevedra en 1922 foi cofundador, xunto con Xoán Vidal Martínez, da revista Alborada (1922) e nela...
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Punxab, India, á beira do río Ghaggar (119.535 h [1991]). Centro agrícola e comercial (trigo, millo, algodón, arroz, azucre) con industrias derivadas; tamén fabrica papel. Ten un nó ferroviario importante.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ingresou na Compañía de Xesús en 1762 e, cando se produciu a expulsión desta orde de España en 1767, marchou xunto a eles a Boloña. Publicou o poema latino Carmen patrium sive Pontevedra (1787). Xoán Manuel Pintos reproduciu este poema na foliada cuarta de A gaita gallega (1853) e fixo do mesmo unha tradución libre en lingua galega que, co título Canto á miña terra ou sea Pontevedra, reproduciu na foliada sexta do mesmo libro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filósofo, teólogo, canonista e lingüista. Foi ordenado sacerdote o 19 de maio de 1894. Durante o curso 1895-1896 ampliou os seus estudios na Universidade Gregoriana de Roma. Con vinte e sete anos rexentou a cátedra de Teoloxía fundamental e de Linguas bíblicas no Seminario de Santiago; despois desempeñou a cátedra de Dereito Canónico e, durante algún tempo, tamén se ocupou da cátedra de Estudios Superiores de Linguas Orientais. Ademais foi cóengo da catedral, vicario xeral e gobernador eclesiástico. Pertenceu á Academia da Lingua e a de Ciencias Morais e Política. Foi nomeado académico de honor pola Academia Galega e membro da Sociedade Xermana de Filoloxía Oriental de Berlín e a Internacional de Intelectuais de Roma. En 1925 foi nomeado polo Papa para formar parte da comisión de teólogos encargados de estudar e expoñer ante a Santa Sé a doutrina patrística e teolóxica sobre a mediación da Virxe María. Sobre este traballo redactou dous volumes, conservados no Vaticano e editados por Compostellanum...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de enreixados, de estilo plenamente renacentista. Creou as reixas da capela maior da catedral de Palencia (1520), das dúas capelas da catedral de Burgos e da capela do corazón de Santa María (1532), en Medina de Rioseco.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome procedente do latín Hánnibal (xenit Hanníbalis) e este do púnico Hann-i-Ba’al ‘gracia ou favor de Baal’, composto de hann ‘gracia, favor’ e Ba’al ‘deus supremo dos fenicios e cartaxineses’. O primeiro elemento está relacionado co semítico hânan ‘axudar, ter misericordia’ (que deu orixe ao antropónimo Ana) e o segundo significa ‘señor’. É o epíteto de moitos dos deuses semíticos e tamén a personificación dunha divindade con culto en Cartago. En Galicia houbo un tempo no que os santos levaban o “don” antes do seu nome; así, por exemplo, dicíase don Pedro no canto de san Pedro. Unha pegada desta antiga tradición pode verse cando se fala do señor Santiago. A sona histórica deste nome débese sobre todo a Aníbal, líder cartaxinés que encarna as calidades físicas, intelectuais e morais habituais dos grandes xefes militares. De feito, púxose de moda no Renacemento debido ao gusto por recuperar cousas...