"BUN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 128.

  • Xénero de actinarios de ata 3 cm de diámetro, translúcidos e vivamente coloreados, con 48 tentáculos de ata 15 mm de lonxitude. Viven en fendas iluminadas do infralitoral mediterráneo e atlántico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Molar propio dos omnívoros caracterizado polos relevos suaves e arredondados da coroa que presenta cúspides lixeiramente cónicas, especializadas na trituración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de València, Comunitat Valenciana, na comarca de La Hoya de Buñol (9.410 h [1996]). A súa economía aséntase na agricultura e na industria tradicional. Entre estas últimas actividades, destaca unha gran fábrica de cemento e diversas fábricas de papel, que á súa vez xeraron diversas empresas de maquinaria derivadas. Na agricultura predominan as árbores froiteiras e as oliveiras. En canto á gandería, sobresaen os armentíos bovino e ovino. A vila ten unha situación moi favorable respecto ás comunicacións, atravesada pola estrada nacional N-III e o ferrocarril de València a Madrid. Do seu patrimonio monumental cómpre destacar o antigo castelo de Buñol, gran fortificación construída polos musulmáns e que despois da conquista aragonesa adquiriu nova importancia pola situación fronteiriza con Castela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero fósil da superfamilia Hominoidea descrito en 1923 por Matthew e Granger. Considerado un antepasado inmediato, procede de xacementos do Plistoceno do sur de China, do xibón (Symphalagus) de Sumatra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade do teatro de marionetas que se desenvolveu en Xapón a partir do s XVI. Trátase dun espectáculo, realizado á vista do público, no que os bonecos, normalmente vestidos de negro, teñen un tamaño similar ao dos seus manipuladores. Nun principio o elemento fundamental do espectáculo consistía nunha narración cantada e ilustrada polos movementos dos bonecos; sen embargo, na actualidade os bonecos e os seus movementos gañaron maior protagonismo, feito que incidiu na elaboración dos mesmos, co aumento do número de partes articuladas, e na súa manipulación, coa participación de tres actores para os que a tradición ten asignadas funcións específicas, sendo o actor principal o que manipula a cabeza, o corpo e a man dereita do boneco. A cabeza constitúe un dos elementos centrais deste xénero teatral e existen ata 50 tipos de cabezas diferentes que serven para recrear os máis variados personaxes que, á súa vez, poden ser presentados con cinco ou seis cabezas expresando diversos estados de ánimo....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Orientalista, teólogo e diplomático alemán, barón de Bunsen. Foi embaixador de Prusia no Vaticano entre 1823 e 1838 e en Londres entre 1842 e 1854. Propuxo a reconciliación entre as diversas igrexas evanxélicas. Entre os seus traballos, de temas tan variados como exiptoloxía, patrística, filosofía e historia das relixións, destaca Die Zeichen der Zeit (Os signos do tempo, 1855), no que defende a liberdade de conciencia. Fundou o Instituto Arqueolóxico de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico alemán. Destacou polos seus traballos sobre o compostos do cacodilo, pola introdución da pila de Bunsen e por un método de illamento dalgúns metais electroquimicamente a partir dos cloruros fundidos. En colaboración con G. R. Kirchhoff elaborou as primeiras leis da espectroscopia teórica. Descubriu dous novos elementos: o cesio e o rubidio. Tamén traballou en análise volumétrica e en calorimétrica. Aínda se empregan a válvula de Bunsen, o calorímetro de Bunsen e, sobre todo, o queimador de Bunsen. Na súa única publicación Gasometrische Methoden (1857) describiu os seus métodos para a medida do volume de gases.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido de níquel, de fórmula NiO. Cristaliza no sistema cúbico, formando octaedros de cor verde. Ten dureza 5,5 e peso específico 6,9.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do SL da Comunidad Foral de Navarra, no límite con Aragón (2.390 h [1996]). O termo está drenado polo Ebro, polo canal de Tauste e polo Canal Imperial de Aragón. Esta situación fai del un lugar apropiado para a agricultura: destacan os cultivos de cereais, legumes, froitas, aceite e vide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Formouse na Universidad de Madrid, onde fundou un cine-club en 1920. Vinculado intelectualmente á Xeración do 27, instalouse en París, onde se preparou na Academia de Cine e realizou os seus dous primeiros filmes en colaboración con Salvador Dalí: Un chien andalou (Un can andaluz, 1928) e L’âge d’or (A idade de ouro, 1930), obra representativa do cine surrealista. Durante a Guerra Civil española supervisou filmes de propaganda política republicana como o documental Madrid 36. Durante o seu exilio nos EE UU (1939-1946) foi artisticamente pouco produtivo; a partir de 1955 iniciou unha prestixiosa carreira internacional con realizacións como Viridiana (1961), que gañou o gran premio do festival de Cannes, El ángel exterminador (1962), Belle de jour (Bela de día, 1966), Tristana (1970), Le charme discret de la bourgeoisie (O discreto encanto da burguesía, 1972) e Ese oscuro objeto del deseo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua oceánica da familia austronésica. Inclúese dentro do grupo de linguas taiwanesas xunto co amis, co atayal e co paiwan. O bunun fálano 22.000 persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. Por disidente, estivo na cadea, onde escribiu a primera parte do Pilgrim’s Progress (1678), o libro máis lido en Inglaterra despois da Biblia que describe, alegoricamente, as etapas que o cristián atravesa para chegar a Cristo. Escribiu arredor de sesenta obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da illa de Mallorca, Illes Balears, na vertente meridional da serra de Tramuntana (4.332 h [1996]). A vexetación natural, formada principalmente por piñeirais, aciñeiras e garriga, ocupa máis da metade do seu territorio. O secaño predomina entre as terras cultivadas, sendo os cultivos principais as oliveiras, ervello de Ceratonia, amendoeiras e cereais. A gandería é, principalmente, ovina e porcina. Hai canteiras de cemento. A proximidade de Palma de Mallorca explica o crecemento demográfico desde 1970, coa construción de diversas urbanizacións residenciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Despois de realizar estudios eclesiásticos, comezou a colaborar en 1887 como xornalista no periódico El Libredón, de Santiago de Compostela. Posteriormente dirixiu El Áncora (1897), de Pontevedra, La Voz de Vigo (1909) e Diario de Orense (1917). Publicou Discursos de don Hermenegildo Calvelo (1885).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corpo frutífero e leñoso dalgunhas plantas, como o endocarpo de froitas do tipo do pexego.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfermidade infecciosa producida pola bacteria Bacillus anthracis, que se manifesta habitualmente como un tumor inflamatorio na pel, de consistencia dura e coloración vermella, que se ulcera na súa parte central ou ocasiona unha carapola negra. Pode atacar o pulmón ou os ganglios linfáticos e chegar a ser mortal. O contaxio no home pode ser directo, a través dos animais, ou por inxestión de carne mal cociñada.

    2. Doenza infecciosa, febril e aguda, moi mortífera, que afecta ao gando vacún e ao ovino, e que está ocasionada pola bacteria Clostridium chauvosi. Caracterízase pola formación de tumefaccións enfisematosas localizadas nas masas musculares máis voluminosas. É unha doenza que non se transmite ao ser humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. carbuncho.

    2. Rubí de grandes dimensións e moi brillante.

    3. Figura en forma de oito bastóns pequerrechiños flordelisados que saen dun anel abismado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. carbuncho.

    2. Rubí de grandes dimensións e moi brillante.

    3. Figura en forma de oito bastóns pequerrechiños flordelisados que saen dun anel abismado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. carbuncho.

    2. Rubí de grandes dimensións e moi brillante.

    3. Figura en forma de oito bastóns pequerrechiños flordelisados que saen dun anel abismado.

    VER O DETALLE DO TERMO