"Balla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 60.

  • Organización sindical xurdida en 1985 da escisión da Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG). Formárona a Central de Traballadores Galegos (CTG) e a Confederación Sindical Galega (CSG); entre outras forzas sindicais, uníronse o Sindicato de Traballadores Forestais, o Sindicato do Ensino Privado de Galicia e o Sindicato Galego da Sanidade (SGS). En 1990 formou a coalición electoral Converxencia Intersindical Galega coa Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG), que en 1993 se converteu na Confederación Intersindical Galega (CIG).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización sindical xurdida dunha escisión da Confederación de Sindicatos Unitarios de Traballadores (CSUT). En 1980 fusionouse coa Intersindical Nacional Galega (ING) e en 1981 tomaron o nome de Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG). En 1985 escindiuse e, xunto coa Confederación Sindical Galega (CSG), fundou a Confederación Xeral de Traballadores Galegos-Intersindical Nacional (CXTG-IN).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sacudir as plantas da xeada que cae pola noite para que non as queime o sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segregar baba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Norma fundamental do dereito do traballo en España que recolle os dereitos e deberes dos suxeitos das relacións laborais. É a norma que regulamenta as relacións, de ámbito laboral, que xorden no desenvolvemento do traballo na empresa. Aprobouse o 10 de marzo de 1980 e substituíu a Lei de Relacións Laborais (1976), que, a súa vez, reemprazara a Lei de Contratos de Traballo (1944). Supón o cumprimento do mandato constitucional. O texto vixente da lei atópase no Real Decreto Lexislativo de 24 de marzo de 1995 que sufriu diversas modificacións. Estrutúrase en tres títulos, que tratan de delimitar os contidos fundamentais do dereito laboral, aínda que certos temas, como o dereito de folga e o seu exercicio, a liberdade sindical e o procedemento laboral non se regulan no estatuto ou este non o fai por completo. O primeiro título regulamenta a relación individual de traballo e contén as disposicións xerais das relacións laborais, o contido do contrato de traballo, a modificación, suspensión e...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Deixarse caer alguén sobre algo por mor do cansazo ou do desánimo.

      2. Deitarse ou sentar comodamente.

    1. Quedar rendido ou canso por camiñar moito.

    2. Tirarse un animal ou persoa ao chan, dando voltas e refregándose nel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización campesiña adscrita á UGT. Fundada en abril de 1930, agrupaba diferentes asociacións agrarias de ideoloxía socialista e a labregos e pequenos propietarios agrícolas. Experimentou un espectacular ascenso durante o primeiro bienio republicano, especialmente en Extremadura, La Mancha, Andalucía e València. En Galicia, a finais de 1932, as 61 seccións galegas da FNTT contaban con máis de 5.000 afiliados (algo máis do 15% da afiliación da central sindical) espallados polas catro provincias, sobre todo nas da Coruña e Ourense (o núcleo principal concentrábase no eixe Betanzos-Ferrol). Entre os seus dirixentes galegos cómpre destacar a Lucio Martínez e o deputado betanceiro Ramón Beade. Desencadeou a primeira folga xeral campesiña do país (1-20 de xuño de 1934). Editou El Obrero de la Tierra. Disolta en 1939, foi reconstituída entre 1976 e 1977, vinculada á UGT e ao PSOE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización xurdida da fusión de ING e CTG, denominada INTG desde 1981. A división dentro da esquerda nacionalista tivo como consecuencia a escisión, en 1985, do sector procedente da Central de Traballadores Galegos (CTG) e da Confederación Sindical Galega (CSG), que constituíu a CXTG-IN (Confederación Xeral de Traballadores Galegos-Intersindical Nacional). Trala coalición electoral coa CXTG en 1990 baixo o nome de Converxencia Intersindical Galega, a reunificación ratificouse en 1993 coa constitución da Confederación Intersindical Galega (CIG).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo feminino Baia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chuvia miúda e pouco persistente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Chover suavemente.

    2. Formarse o orballo da noite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Lincenciado en Dereito. Membro do Corpo Xurídico Militar e coronel auditor, foi vogal e presidente do Comité de Dereitos e Garantías do PP de Galicia, vogal do Consejo General del Poder Judicial e deputado no Congreso de los Diputados desde 1993.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no N da parroquia de Rubián de Cima (O Incio). O seu cumio acada os 667 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantidade de restroballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Principiou os estudos de arquitectura en Madrid, que tivo que abandonar ao iniciarse a Guerra Civil Española. Posteriormente traballou en diversos xornais galegos, ata que decidiu viaxar a Barcelona, onde foi director da revista Destino e columnista de La Vanguardia, baixo o pseudónimo Ero. Publicou El tiempo retenido (1974), Los pueblos y las sombras (1979) e León (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Palas de rei. baixo a advocación de San mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilalba baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e debuxante. Realizou deseños para carteis e revistas, e practicou a fotografía. Adoptou técnicas de augada e acuarela, e a súa pintura caracterizouse polo simbolismo conceptual de inspiración popular. Destacan Visión Háptica e Rastro en la arena.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que traballa moito ou que lle agrada traballar.

    2. Que ou quen desempeña unha profesión ou un oficio en calidade de asalariado.

    3. Persoa cuxa actividade profesional está dirixida a persoas, grupos e comunidades para axudalos a ter conciencia da súa realidade, así como a enfrontarse ás situacións conflitivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Realizar unha actividade física ou mental de maneira continuada e con esforzo, coa finalidade de obter algún resultado ou algo determinado.

      2. Desenvolver unha determinada actividade ou profesión.

    1. Realizar unha determinada actividade ou función unha máquina, un establecemento ou un organismo.

    2. Someter algo a unha acción continuada para dar a forma ou o estado que se desexa.

    3. Dedicarse con insistencia a conseguir algo.

    VER O DETALLE DO TERMO