"Barros" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 50.

  • PERSOEIRO

    Político e xurista. Foi senador e presidente   da Assembléia Nacional Constituinte (1890-1891) e do Senado (1891-1894). En 1876 ingresou no Partido Republicano polo que presidiu a República do Brasil (1894-1898). O seu goberno caracterizouse pola pacificación de Rio Grande do Sul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués. Membro da liñaxe dos Barroso, preto de Chaves, e neto de Egas Gomez Barroso, exiliouse na corte de Afonso X ao redor de 1245 polo conflito entre Sancho II de Portugal e o Boloñés. Participou na conquista de Sevilla en 1248 ás ordes de Fernando III e na campaña de Murcia en 1266 co infante don Manuel, irmán de Afonso X, polo que recibiu certos beneficios. Estivo activo entre os anos 1248 e 1273. Os tres principais cancioneiros recollen 13 cantigas súas: dúas de amor, tres de amigo, sete satíricas e un sirventés moral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi vicepresidente da Cámara de Comercio, alcalde de Vigo (1903-1904) e presidente do Partido Liberal vigués. Fundou o xornal Heraldo de Vigo (1912-1914) e foi deputado polo distrito de Muros (1916-1919) e pola provincia de Toledo (1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Lodoselo (Sarreaus). O seu cumio acada os 620 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Licenciado en Ciencias da Información en Madrid, participou na fundación da revista Loia, onde publicou as súas primeiras poesías, e colaborou con distintos medios de comunicación, como Teima, Man Común e A Nosa Terra. Foi subdirector de Diario de Galicia e xefe de cultura de El Globo. Director da revista Luzes de Galicia e correspondente do diario El País. O conxunto da súa escrita, -algunha das súas obras está traducida a 21 linguas-, caracterízase pola creación de personaxes que rachan os estereotipos costumistas. Sexa cal sexa a súa orixe, son persoas que teñen vida de seu, que se rebelan contra o destino, protagonizando moitas veces experiencias límites. Son seres en movemento, en conflito, que provocan tamén unha excitación no que os rodea, na paisaxe, e na forma de expresión. A tradicional dualidade cidade-campo, rural-urbano, substitúese por un novo urdido social e cultural onde o relevante é a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ciclista. Comezou a competir como profesional en 1927. Campión galego de ciclismo (1934 e 1935), foi o primeiro ciclista galego en participar na Vuelta Ciclista a España (1936), proba que gañou en 1945 e na que quedou terceiro en 1947. Ten a mellor marca en canto a etapas gañadas na rolda española (40). Tamén destacaron como ciclistas os seus irmáns Emilio Rodríguez Barros (Ponteareas 1923-Pontedeume 1984), que gañou o campionato de España en 1950 e 1954, e a Vuelta Ciclista a España (1950); Manuel Rodríguez Barros (Ponteareas 8.10.1926-? 22.10.1997), segundo na Vuelta Ciclista a España (1950), e Pastor Rodríguez Barros (Ponteareas 23.12.1922-?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Badajoz, Extremadura (1.896 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, bañado polo Guadajira, afluente do Guadiana (2.792 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, na gandaría e nas industrias derivadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado en La Tierra de Barros (12.487 h [2001]). A súa agricultura baséase nos cereais, no gando porcino e na industria avícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Badajoz, Extremadura, en La Tierra de Barros (1.672 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO