Pero Gomez Barroso

Pero Gomez Barroso

Trobador portugués. Membro da liñaxe dos Barroso, preto de Chaves, e neto de Egas Gomez Barroso, exiliouse na corte de Afonso X ao redor de 1245 polo conflito entre Sancho II de Portugal e o Boloñés. Participou na conquista de Sevilla en 1248 ás ordes de Fernando III e na campaña de Murcia en 1266 co infante don Manuel, irmán de Afonso X, polo que recibiu certos beneficios. Estivo activo entre os anos 1248 e 1273. Os tres principais cancioneiros recollen 13 cantigas súas: dúas de amor, tres de amigo, sete satíricas e un sirventés moral.