"Bes" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 224.
-
VER O DETALLE DO TERMO
aso alexandrino coa base máis ancha ca o bombilios.
-
PUNTA
Punta do litoral oriental da península do Grove, na parroquia de San Martiño do Grove.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica de Vesada, apelido de orixe toponímica que deriva do latín (terra) versata ‘(terra) cultivada’. esta forma presenta, xa que logo, un b- non etimolóxico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplicado a aquelas persoas que contactaban coa poboación para conseguir votos a favor de Augusto González Besada, membro do Partido Conservador e protexido de Reimundo Fernández Villaverde. Este obtivo a representación do distrito de Cambados de 1899 a 1905. A súa función foi moi importante dende a aprobación da lei de sufraxio universal en 1890; os seus seguidores adoitan ser médicos, clérigos ou prestamistas vinculados ao Partido Conservador.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Girona, Catalunya, situado na comarca da Garrotxa no curso medio do río Fluvià (2.031 h [1996]). A actividade económica está dedicada principalmente á industria téxtil e á papeleira. Localizada na encrucillada de antigas vías romanas, transformouse no centro do condado de Besalú, que finalmente pasou a integrar o condado de Barcelona. Ata o s XIV Besalú foi un núcleo urbano próspero. Do seu patrimonio arquitectónico conserva casas románicas e góticas, os baños dunha antiga sinagoga, a ponte fortificada sobre o Fluvià e as igrexas románicas de Sant Vicenç e de Santa Maria.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento de Doubs e do Franco Condado, Francia, na beira dereita do río Doubs (119.194 h [estim 1995]), coñecida tamén como estación balnearia. É a antiga Vesontio, fortaleza dos secuanos. No 456 foi conquistada polos burgundios e no 1032 pasou a ser unha cidade gobernada polos seus arcebispos, liberada do dominio destes converteuse nunha cidade imperial durante o s XIII. No 1595 foi unida á coroa de España e posteriormente incorporouse a Francia pola Paz de Nimega (1678). Luís XIV, ao mesmo tempo que lle suprimiu todas as liberdades, converteuna na sede do Parlamento (1676) e da Universidade (1691). Entre os seus monumentos destacan a catedral de Saint-Jean, románica e gótica, o pazo renacentista de Granvelle (s XVI) e a Casa do Concello (s XVI).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora teósofa. Estableceuse na India onde militou no movemento pola independencia; foi nomeada presidenta da Indian National Congress (1917), fundou o Hindu Central College de Benarés e o Indial Home Rule League. Escribiu sobre relixión e filosofía, publicando entre outras obras, The building of cosmos (A construción do cosmos, 1894) e The origin of man (A orixe do home, 1906).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Peza, principalmente da cruz, formada por besantes postos de lado ou un por riba doutro, que se rexistra nas representacións heráldicas.
-
-
-
Moeda de ouro do Imperio Bizantino que tamén tivo curso no mundo islámico e no occidente de Europa. Viuse alterada na súa pureza ao longo da Idade Media, ata que ao redor de 1350 deixou de cuñarse.
-
besante branco
Besante de prata.
-
-
Nome dado ao dirhem, moeda musulmá de prata, a finais do s XVI.
-
-
Peza de forma circular e plana, sempre de metal, que se coloca no escudo de armas sobre un fondo de cor que representa a moeda deste nome.
-
besante-parafuso
Besante partido coa metade destra de metal e a sinistra de cor.
-
besante-roel
Peza construida por un disco cortado ou partido metade de cor, metade de metal se o metal ocupa a parte destra ou a superior.
-
parafuso-besante
Besante partido coa metade destra de cor e a sinistra de metal.
-
-
-
REXIÓNS
Rexión da Europa Oriental que se estende polos vales baixos dos ríos Prut e Dniéster ata o Mar Negro, e que ocupa a maior parte de Moldavia, nunha faixa que se prolonga en dirección NO-SL ao N da conca do Danubio. En total abrangue unha superficie de máis de 45.000 km2, entre os 46°-48° de latitude N e os 28°-30° de lonxitude L. Área de transición entre oriente e occidente, a composición étnica da poboación é moi heteroxénea: a maioría moldava (ou romanesa), que é máis da metade do total e habita principalmente na metade occidental, convive con importantes minorías de ucraínos, rusos, xudeus e búlgaros; os ucraínos e os rusos están establecidos sobre todo na parte oriental. Morfoloxicamente, pódense distinguir dúas grandes unidades: a primeira, ao S, é unha gran chaira cuberta de vexetación esteparia. No centro e no N, o relevo érguese e tórnase máis abrupto, modelado polas incisións fluviais. Malia a súa proximidade ao Mar Negro, a situación occidental do país respecto do litoral...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Ourense. As súas armas levan, en campo de azul, unha buxaina. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Besbellar e Bembella.
-
-
Larva de libélula ou doutro insecto, verme ou saltón empregado como engado na pesca fluvial.
-
Rapaz inquieto que non para de andar dun lugar para outro.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Girona, Catalunya, na comarca urbana da capital, situado á beira do río Ter (2.970 h [1996]). A súa actividade industrial comezou no s XIX co establecemento das primeiras fábricas téxtiles. Con posterioridade desenvolvéronse as ramas alimentaria e madeireira (serradoiros e mobles). Entre o seu patrimonio monumental destaca a igrexa prerrománica de Sant Llorenç, do s VIII, e o antigo mosteiro cisterciense de Cadins.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Navarra. Emparentou con ilustres familias navarras como os Azpilcueta, Arbizú, Villalba ou Mendioroz. O Rei Carlos II o Nobre de Navarra, como garlardón por ter loitado na Batalla das Navas de Tolosa, outorgoulle como armas un escudo partido e cortado: primeira partición, de azul, cun minguante de lúa de ouro, sobre un taboleiro axadrezado de sable e prata, con bordo de goles e dez aspas de ouro; medio cortado de prata, cun lobo de sable, pasante.
-
GALICIA
Botánico. Doutor en Farmacia e licenciado en Ciencias Físico-Químicas. Dende a cátedra do Instituto de Ourense, estudiou o grupo das algas e realizou diversas publicacións, especialmente dedicadas ás algas microscópicas de auga doce. Entre 1905 e 1948 investigou o litoral galego, formando un algario que está depositado no departamento de Botánica da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Publicou: Determinación de los puntos de ebullición y su importancia para el conocimiento de la constitución química de los cuerpos y determinación de pesos moleculares (1908) e Memoria sobre el estudo de las algas (1911), froito da súa estancia en Múnic para coñecer a metodoloxía alemá no estudo dos protistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. De tendencia modernista, traballou na Coruña. Entre as súas principais construcións destacan a igrexa dos xesuítas, o colexio Labaca (1915), o Banco da Coruña (1923) ou o edificio Liñares Rivas (1925).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Farmacia Bescansa.
-
RIOS
Río afluente pola dereita do Ulla, no que desemboca á altura do encoro de Portodemouros. Nace co nome de Rego Ponticela da confluencia na parroquia de Liñares (concello de Santiso) dos regos de Fontesagrada e de Cabazás. Logo dun percorrido de dirección N-SO, concordante coa tectónica, desemboca no lugar de Buxel de Abaixo, na parroquia de Ribadulla, do concello de Santiso.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río afluente do Lañas pola esquerda, na conca do Ulla. Nace no lugar da Chouza da Devesa, na parroquia de Branzá do concello de Arzúa, adoptando nun principio unha dirección L-O. A seguir, penetra no concello de Touro pola parroquia de Beseño, da que recibe o nome, virando cara ao S ata a súa desembocadura no monte de Lañas, na parroquia de Cornado.
VER O DETALLE DO TERMO -