"Bia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 440.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome con que se designaba na antigüidade a parte setentrional da Península Arábiga, entre a Arabia Petrea e Mesopotamia. Correspondíase de xeito aproximado coa actual Na ǧ d.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formada no 1963 pola Federación de Adén (Protectorado de Adén) e a colonia de Adén. Membro da Commonwealth, a súa fundación foi promovida polos británicos coa esperanza de rematar coas reivindicacións iemenís sobre estes territorios. O 20.11.1967 a Federación de Arabia do Sur e o Protectorado de Adén proclamaron a República Popular do Iemen do Sur, que en 1970 pasou a denominarse República Popular Democrática do Iemen. A partir do 22.5.1990 forma a República do Iemen ao fusionarse co Iemen do Norte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome asignado á parte meridional da Península Arábiga, entre a Arabia Deserta e o Océano Índico, especialmente ao sector do Iemen.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome asignado á parte noroccidental da Península Arábiga, comprendendo a península do Sinaí e a zona transxordana ata Siria meridional. O Emperador romano Traxano fíxoa provincia romana no 106 d C. Entre os ss IV e V foi dividida en dúas provincias: Arabia, ao N, con capital en Bostra, e Palestina Salutaris, ao S, con capital en Petra.
-
ENTRADA LARGA
Estado de Arabia que ocupa a maior parte da península e que limita con Xordania, Iraq e Kuwait ao N, co Golfo Pérsico, Qatar e os Emiratos Árabes Unidos ao NL, con Omán ao L e ao S, con Iemen ao S e SO e co Mar Vermello ao O (2.240.000 km2; 19.072.000 h [estim 1997]). A capital é Al-Riyād.
Xeografía económicaConxuntura económica
VER O DETALLE DO TERMO
A economía saudita baséase, maioritariamente, na obtención do seu principal recurso natural: o petróleo, do que posúe o 26% das reservas mundiais e é o primeiro produtor mundial. Os cultivos son difíciles debido á falta de auga, polo que se concentran nos oasis e nas áreas litorais. O trigo é o principal cultivo, aínda que teñen grande importancia os dátiles, os produtos da horta (tomate e sandía) e a cebada. Durante a década de 1980 leváronse a cabo numerosas obras de irrigación co obxecto de aumentar a área cultivada, buscáronse novas fontes hídricas, concedéronse axudas financeiras aos agricultores... -
VER O DETALLE DO TERMO
Deserto que constitúe o núcleo da Península Arábiga; é unha das maiores rexións desérticas do mundo. Limita ao norte co deserto de Siria, ao oeste coas montañas de Al- Ḥ i ǧ āz, ao sur con parte da anterior rexión montañosa e coa costa do Océano Índico, e ao leste co Golfo Pérsico. Trátase dun altiplano que descende progresivamente do oeste ao leste ata o Golfo Pérsico. O deserto está formado por diversas partes: o deserto de Bādiyat al-Šām, ao N; máis ao S está o gran deserto de Al-Nafūd, e continúa cara ao SL pola grande extensión do deserto de Al-Rub’ al-Hālī. Ao O, entre Al-Nafūd e ‘Al-Rub’ al-Hālī, atópase a rexión montañosa de Na ǧ d. Os oasis son moi escasos e case toda a rexión está deshabitada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte noroccidental do Océano Índico, entre a costa occidental da India, a costa S de Arabia e Somalia (7.500.000 km2). Abrangue o golfo de Adén, que o comunica co Mar Vermello e o golfo de Omán, que o une co Golfo Pérsico. A temperatura e a salinidade son elevadas, e as augas pouco profundas. Os principais ríos que desembocan nel son o Indo, o Narbada e o Tapti, e os portos máis importantes Bombai, Karachi e Adén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trust norteamericano fundado en 1933 pola Standard Oil of California (30%), a Standard Oil New Jersey (30%), Texaco (30%) e Socony Mobil Oil (10%), para a extracción de petróleo en Arabia Saudí ata o ano 1999. En 1980 o goberno árabe adquiriu a totalidade do capital.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de apeiros de labranza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo Sa-rabia.
-
-
de arrubiar.
-
Que é rubio ou que é dunha cor tirando a rubia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de tornar ou tornarse rubio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pórse algo ou alguén de cor rubia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afasia na que o paciente pode recoñecer as letras pero é incapaz para reunilas mentalmente ou de formar unha sílaba.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Causar soberbia, enorgullecer.
-
-
Emitir un son agudo ao pasar o aire por unha abertura estreita (como un chifre, ou a boca cos beizos case pechados, en diferentes posicións).
-
Producir o vento un son agudo.
-
Censurar unha acción cun son agudo.
-
Executar unha peza musical emitindo un son agudo ao facer pasar o aire pola boca cos beizos case pechados, aproveitando unha serie de posicións dos mesmos.
-
-
PICOS
Pico dos montes Beskidy (1725 m), o máis elevado da serra, na fronteira entre Eslovaquia e Polonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Comarca natural de León, no límite con Asturias. Situada nas estribacións occidentais da Cordilleira Cantábrica, é unha comarca de alta montaña. A máxima cota son os 2.417 m da Peña Ubiña. Está drenada polo Sil, que ten aquí as súas fontes. Na Idade Media, en Babia estaba a residencia de caza dos reis, por mor da abundancia de especies venatorias nos seus vizosos bosques.
-
PICOS
Pico dos montes Beskidy (1725 m), o máis elevado da serra, na fronteira entre Eslovaquia e Polonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Comarca natural de León, no límite con Asturias. Situada nas estribacións occidentais da Cordilleira Cantábrica, é unha comarca de alta montaña. A máxima cota son os 2.417 m da Peña Ubiña. Está drenada polo Sil, que ten aquí as súas fontes. Na Idade Media, en Babia estaba a residencia de caza dos reis, por mor da abundancia de especies venatorias nos seus vizosos bosques.