"CAE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 64.
-
-
Acción ou efecto de decaer.
-
Estado da persoa ou cousa decaída.
-
Transformación na estrutura interna de certos núcleos que pode estar provocada pola interacción con outras partículas (principalmente α ou β) e que recibe, neste caso, o nome de reacción nuclear. Este fenómeno vai acompañado a miúdo pola emisión de radiación electromagnética.
-
Paso dun átomo ou dunha molécula dun estado excitado a un estado de menor enerxía sen que se produza emisión de radiación electromagnética
-
-
-
Perder alguén ou algo o seu vigor, a súa forza ou as súas calidades.
-
Pasar dun nivel determinado de enerxía a outro de enerxía inferior.
-
Desviarse unha nave do rumbo que tiña que seguir polo vento, a corrente ou a marusía.
-
-
GALICIA
Xornalista. Estudiou xornalismo na Universidad Complutense de Madrid. Comezou a súa andaina profesional en 1977 en El Ideal Gallego. A partir de 1981 pasou a ocupar a delegación de La Voz de Galicia en Santiago de Compostela, onde coordinou a área de información autonómica. Despois de formar parte do equipo directivo de La Voz de Galicia na Coruña e de exercer como correspondente de El País, en 1986 puxo en marcha a Axencia Galega de Noticias (AGN), onde ocupou o cargo de director xeral. En 1988, da man de Rey Novoa, incorporouse como redactor xefe a El Correo Gallego, onde tamén exerceu como subdirector. Foi o responsable de poñer en marcha O Correo Galego. Nestes dous últimos periódicos desempeña funcións de coordinación xeral.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao dodecaedro.
-
Que ten a forma dun dodecaedro.
-
-
-
Poliedro de doce caras.
-
Poliedro regular formado por doce pentágonos regulares.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores, da familia das liliáceas, á que pertence o drago.
-
PERSOEIRO
Bailadora flamenca e pintora. Coñecida como La Chunga, creceu en Barcelona onde debutou artisticamente da man do pintor Francisco Rebés no cabaré Emporium. Cunha personalísima interpretación da rumba, o seu estilo caracterízase pola súa orixinalidade, os sesu bailes descalza e pola plasticidade das súas posturas. Percorreu gran parte do mundo e actuou nas máis prestixiosas salas, dende Nova York ata Xapón, pasando por España, México, Cuba, Venezuela e París. Pintora autodidacta, enmarcada dentro do estilo naif, expuxo en diversas cidades españolas como Madrid, Barcelona e Vigo, e europeas como París, Múnic e Sandefjord (Noruega).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Gravador e pintor. Membro dunha familia de orixe italiana, asistiu a clases de debuxo na escola patrocinada polo conde de Ximonde. Na capela do Hospital Real de Santiago (1829) realizou os cadros sobre bronce situados no altar, e na igrexa de Santa María do Camiño pintou o arco toural e a sancristía (1830). Como gravador formouse en Santiago. Nas súas obras recolleu a influencia académica e os gustos populares da época. No ámbito técnico empregou o trazo, curto ou longo, pero non o punteado para acadar as sombras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Il de Turquía, situado na rexión de Mármara e Costas do Exeo (3.578 km2; 1.170.546 h [1997]). A capital é Izmit.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de lepidópteros, da familia dos licénidos, de pequeno tamaño, onde a maioría dos machos e algunhas femias son de cor azul brillante. En Galicia está presente a especie L. phlaeas.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado no val do río Almanzora, ao N da Sierra de los Filabres (5.814 h [2001]). Destaca a agricultura aínda que a principal actividade económica é a extracción de mármore e a súa posterior transformación.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Macau ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Macau.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Madrid 1809 - València 1865) Relixiosa. Fundou a congregación de monxas adoratrices ou escravas do Santísimo Sacramento e da Caridade. A súa festividade celébrase o 29 de setembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino procedente do hebreo Mikha’el, nome teofórico que reproduce a frase mi kha ‘El quen coma Deus?’; pasou ao grego e ao latín coma Michael. Este nome deu lugar aos apelidos Míguez, Migues, Miguenz, Miguens, Miguéns e ás formas castelás Miguélez e Migueles. O arcanxo san Miguel celébrase o 29 de setembro. É o patrón dos concellos de Campo Lameiro e Monterroso onde se celebra o día 30 de setembro, e de Pontedeume, que o celebra o 8 de maio. Ademais, é titular de 149 parroquias. San Miguel González celébrase o luns seguinte á oitava de Pascua.
-
PERSOEIRO
Neurólogo e político portugués. Estudou medicina na Universidade de Coimbra, onde se doutorou en 1899. En 1902 pasou a exercer como profesor na facultade de Medicina da mesma universidade. En 1911 trasladouse á de Lisboa para ocupar a cátedra de Neuroloxía; en 1929 ostentou o cargo de director do centro. Introduciu e desenvolveu a anxiografía cerebral, método de diagnóstico de gran valor para a detección de enfermidades intracraniais que permite ver os vasos sanguíneos do cerebro ao inxectarlles substancias opacas aos raios X. En 1936 realizou con A. Lima unha lobotomía, primeira intervención cirúrxica no cerebro para tratar unha enfermidade mental. Compaxinou o seu labor científico coa carreira política; foi deputado (1903-1917), embaixador de Portugal en España (1917), ministro de Asuntos Exteriores (1918) e presidente da delegación portuguesa da Conferencia de Paz de París (1918). Publicou máis de 300 traballos científicos e estudos sobre figuras das letras e das artes plásticas entre...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Edición xeral das obras dos Padres gregos, preparada por Jean-Baptiste Pitra e realizada por Jacques-Paul Migne en 161 volumes (1857-1866). Comprende todos os escritos cristiáns gregos ata o Concilio de Florencia (1439), co texto orixinal e a versión latina.
-
PERSOEIRO
Duque de Cadaval (1648-1727?). Durante o alzamento portugués contra Castela favoreceu a causa do oitavo duque de Bragança, Xoán II, quen, ao se converter en rei como Xoán IV de Portugal, lle outorgou varios cargos e o título de duque de Cadaval.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Traballou nas obras do ferrocarril en Madrid, Iruña e Zaragoza ata que en 1872 se instalou definitivamente en Santiago de Compostela, onde foi arquitecto municipal en 1873. Introduciu na arquitectura compostelá o emprego do ferro e do cristal. Das numerosas obras que realizou no centro histórico da cidade, destacan a sede do Casino de Santiago, a ampliación do Banco Simeón (1876), a sede da Banca Olimpio Pérez (1886) e os edificos hoxe sede de El Correo Gallego (1885), da Fundación Torrente Ballester (1890) e da Fundación Caixa Galicia (1895), así como o derrubado asilo de anciáns do Camiño Novo (1900). Foi nomeado comendador da Real Orden de Isabel la Católica (1880) e cabaleiro da Real Orden de Carlos III (1882)
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Recaída leve nunha doenza.
-
-
olver caer enfermo alguén dunha doenza que xa padecera ou que se consideraba curada.
-
olver caer nunha falta ou vicio.
-
Caer sobre algo ou alguén un traballo, unha responsabilidade ou o que se expresa.
-