"CAF" (Contén)

Mostrando 15 resultados de 55.

  • Relativo ou pertencente ao dodecafonismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema musical ideado por Arnold Schönberg na década dos anos vinte do s XX, que consiste en estruturar cada obra musical sobre unha serie de doce sons, as notas da escala cromática, presentados nun só golpe e nunha orde determinada polo compositor. Significa a disolución do sistema tonal clásico e rexeita as leis que rexían a tonalidade e mais a harmonía. A serie pode ofrecer catro modalidades: orixinal, retrógrada, invertida e retrógada invertida. Os principais compositores dodecafónicos foron o propio Schönberg, A. Berg, E. Krenek e A. Webern.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘nave’ ou ‘barco’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Práctica do submarinismo con escafandro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de aparellos que permiten que unha persoa poida permanecer somerxida na auga cunha certa autonomía. Cabe distinguir entre o escafandro clásico (que recibe o aire dende a superficie mediante un tubo) e o escafandro autónomo (que leva o subministro de aire incorporado). Nos escafandros autónomos, o aire chega ao submarinista a través de dous tipos de circuítos: o circuíto aberto, que emprega o aire almacenado nunha ou máis bombonas (aire que se reduce á presión apta para a respiración e que se evacúa unha vez expelido polo submarinista) e o circuíto pechado, que consta dun depósito alimentado polo osíxeno das bombonas e provisto dunha pequena cantidade de cal sodada que purifica o aire expirado. As bombonas deste tipo tamén poden almacenar unha mestura de helio, osíxeno e nitróxeno, feito que lle permite ao submarinista mergullarse máis profundamente e durante máis tempo (sempre controlando os períodos de descompresión). O escafandro acoirazado,...

    2. Equipo empregado polos astronautas nas súas saídas ao exterior dos vehículos espaciais que os envolve nun medio adecuado para as funcións humanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten a forma dunha barca.

    2. Óso máis externo e máis grande da primeira fileira do carpo.

    3. Óso interno do tarso situado entre o astrágalo e a cuña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos escafópodos.

    2. Molusco da clase dos escafópodos.

    3. Clase de moluscos de corpo alongado dorsoventralmente, rodeado polo manto, que segrega unha cuncha tubulosa, aberta por ambos os extremos, lixeiramente curvada e cónica. Non teñen cabeza e carecen de branquias, pois o manto serve para a respiración. Os escafópodos son dioicos; poñen os ovos por separado e despois dunha curta fase larvaria os animais novos afúndense no fondo. Os escafópodos son todos mariños e ocupan dende o litoral ata profundidades de 4.500 m; localízanse parcialmente enterrados, oblicuamente, na area ou na lama. O pé, puntiagudo, sae polo extremo da cuncha máis ancho e emprégano para furar. Ao redor da boca hai varios tentáculos delicados, ciliados e contráctiles e cos extremos dilatados; son sensitivos e prénsiles, serven para a captura de microplantas e animais, que empregan como alimento. As cunchas de escafópodos do xénero Dentalium, ensartadas en cordóns, constituían a moeda dos indios da costa do Pacífico, dende California ata Alasca; o seu valor primitivo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome común co que se coñecen as aves do xénero Phylloscopus, da familia dos sílvidos, de pequenas dimensións, plumaxe pálida ou amarelenta, sen raias, e canto agradable.

    2. Ave de 13 cm de lonxitude, sen dimorfismo sexual, que presenta plumaxe olivácea no dorso, amarela no peito, nas fazulas e nunha franxa enriba do ollo, e branca no ventre; as patas son pardas amarelentas. Vive en bosques caducifolios por enriba dos 600 m e aliméntase de insectos, larvas, etc. De distribución europea, en España é estival e en Galicia existen poucas citas sobre a súa presenza.

    3. Ave de 11 cm de lonxitude, sen dimorfismo sexual, que posúe una plumaxe parda olivácea no dorso, amarela no peito e branca no ventre; enriba do ollo ten unha franxa amarela e as patas son pardas. Vive en bosques caducifolios e en zonas de vexetación arbustiva; é principalmente insectívoro, aínda que tamén come bagas. Estival en Europa, pode verse na Península Ibérica, e tamén en Galicia, en paso cara a África, onde inverna.

    4. Ave de 11 cm, sen dimorfismo sexual, que presenta plumaxe do dorso parda olivácea e o peito amarelo claro, as patas verdosas e unha franxa supraocular amarela. É un paxaro moi nervioso que pasa o día alimentándose de insectos e eirugas. Pode localizarse nas ribeiras dos ríos, en parques e campos con poucas árbores. Distribúese practicamente por toda Europa e na Península Ibérica é sedentaria e cría.

    5. Ave de 11 cm de lonxitude, sen dimorfismo sexual, que presenta plumaxe dorsal parda cincenta, coa mitra amarela, o ventre e o peito branco, ao igual que a franxa supraocular, e as patas cincentas. Vive en arboredos de coníferas e caducifolias, e ten alimentación insectívora. Distribúese por toda Europa durante o estío; en Galicia pode observarse entre abril e setembro no L por riba dos 400 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barco propulsado por un motor de vapor. O enxeñeiro francés Claude François Jouffroy d’Abbans (1751-1832) deulle este nome a embarcación de vapor que construíu e na que remontou o río Saona en 1783.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (2.688 h [2001]). A agricultura dedícase á forraxe, ao olivo, aos melocotoeiros e á viña. Ten industrias de recuperación e reciclaxe de pilas e aparatos domésticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, situado no Alto Valle del Lozoya, na serra de Guadarrama (1.550 h [2001]). Do seu patrimonio destaca o mosteiro de Santa María del Paular (BIC, 1876).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (5.341 h [2001]). A súa agricultura é de regadío e cultívanse hortalizas e laranxeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brétema seca con moito frío.

    VER O DETALLE DO TERMO