"CAU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 163.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, situada ao L da provincia, no límite con Alacant (8.765 h [1996]). Na agricultura, os principais cultivos son a viña, as oliveiras, as patacas e o millo. A base da economía nos últimos anos é o sector dos transportes e a produción téxtil de cánabo, esparto e fibra vexetal. Foi o emprazamento de diversos pobos como os tartesos, os fenicios e os romanos, que deixaron a súa pegada na Via Augusta e Pretoria que cruzan o termo. Nel celébranse as festas de moros e cristiáns, declaradas de interese turístico. Entre os seus monumentos destaca a igrexa de Santa María Catalina, de estilo gótico e renacentista.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Tronco das palmeiras.
-
Cepa leñosa dunha planta perenne persistente e xeralmente subterránea.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘cola’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pedicelo das masas polínicas das orquídeas.
-
-
-
Sistema de goberno ou mando exercido por un caudillo.
-
caudillismo americano
Sistema político e social propio de moitas repúblicas latinoamericanas durante o período inmediatamente posterior á súa independencia (cara ao ano 1826). Apareceu nunhas sociedades pouco desenvolvidas democraticamente que carecían de condicións para a participación política e nas que a facenda rural dominaba a vida económica. As estruturas políticas, nadas no mundo rural, caracterizáronse polo poder individual do caudillo, a lealdade persoal e a autoridade do patrón sobre o peón. Os caudillos xurdiron ao abeiro dos numerosos conflitos independentistas e serviron como militares carentes de ideoloxía política que chegaron desde as estruturas locais ata as nacionais. Defenderon os intereses rexionais dos terratenentes e arrebatáronlles o poder ás elites urbanas. O éxito dos caudillos favoreceu, nalgúns casos, a defensa do poder central, feito que lles permitiu recompensar a súa clientela coa concesión de terras. Malia as vinculacións de clientelismo con parte da poboacción, os caudillos non...
-
-
Denominación aplicada ao nivel de integración sociocultural menos complexo, asociado ás sociedades de cazadores recolledores e caracterizada polo igualitarismo, o liderado informal e o parentesco bilateral.
-
-
-
Xefe que dirixe un grupo de persoas.
-
Líder carismático, especialmente militar e político. En España, aplicouse desde 1936 para designar o xeneral Franco como xefe do Estado, en analoxía coa denominación que ideara Mussolini en Italia (Duce) e Hitler en Alemaña (Führer).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten a cola prénsil.
-
-
Relativo ou pertencente a Caudium ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da antiga cidade de Caudium.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Caudio Antiga cidade de Italia no Samnio, que corresponde á actual Montesarchio. Está próxima ao desfiladeiro coñecido como Forcas Caudinas (Caudinae Faucae), onde os romanos sufriron unha grave derrota durante a segunda guerra samnita, no 321 a C. As tropas romanas foron capturadas e obrigadas a pasar por debaixo do xugo ao retirarse do Samnio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Christopher St John Sprigg.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘talo’. Emprégase na formación de nomes científicos.
-
GALICIA
Pintor e ilustrador. Enxeñeiro militar de profesión, estudiou pintura con Vidal e Pérez Villaamil. Especializouse na pintura de temática mariña. En 1878 foi nomeado conservador do Museo Naval. En 1868 tivo que exiliarse por ser partidario dos Borbóns e regresou ao ser proclamado Rei Afonso XII. Colaborou como ilustrador nas publicacións La Ilustración Española y Americana e La Ilustración Gallega y Asturiana. Entre as súas obras destacan Llegada del Rey al puerto de Carril, La Numancia saliendo de La Coruña, Vista de Vigo e a serie de debuxos Álbum de la marina española (1897).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Colaborou na prensa da época (La Opinión Pública, El Porvenir e La Ilustración Española y Americana), publicou as pezas dramáticas Luchas de amor y deber (1851) e Triste ejemplo! (1878), e o poemario Cantares españoles (1884).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte do eixe vexetal que ten, as máis das veces, un crecemento ascendente e que, no caso de dividirse, dá lugar ás pólas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas verdes da orde das caulerpais, de organización sifonal, cunha parte rastreira e outra erguida e laminar. Nas últimas décadas do s XX, a especie C. taxifolia introduciuse involuntariamente nas costas mediterráneas occidentais a partir dos exemplares empregados en acuariofilia; deste xeito, a especie proliferou alarmantemente e cubriu os fondos, feito que provocou unha considerable mingua das algas autóctonas e da fauna asociada a estas.
-
-
Relativo ou pertencente ás caulerpais.
-
Alga da orde das caulerpais.
-
Orde de clorofíceas mariñas de talo sifonal. Caracterízanse pola posesión de plastos de dous tipos (cloroplastos e amiloplastos) e pola formación de gametos biflaxelados. Viven fundamentalmente en augas quentes. Pertencen a esta orde os xéneros Caulerpa, Codium e Derbesia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás plantas de talo aparente.
-
PERSOEIRO
Pintor. Estudiou na Royal School of Art (1956-1960) e no Royal College of Art (1960-1963). Traballou a madeira e reinterpretou a pop art. Nas súas últimas obras introduciu a figuración.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos organismos, especialmente vexetais epífitos, que viven sobre o tronco ou as pólas das árbores ou arbustos.
-
-
-
Talo pequeno dunha planta.
-
Parte caulinar do embrión dunha semente.
-
-
-
Follas de acanto que, en espiral, se volven contra o ábaco no capitel corintio.
-
Franxa ornamental con motivos vexetais.
-
-