"CIM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 142.
-
-
Instrumento idiófono de percusión consistente en dúas placas curvadas de metal, de gran diámetro, que se baten unha contra a outra en posición vertical e con movementos ascendentes e descendentes. É un instrumento moi antigo, orixinario de Asia e divulgado en moitas culturas como a exipcia, a grega e a romana. Tamén se empregou na Idade Media. Mozart, Haydn e Beethoven utilizáronos nas súas composicións; dende o s XIX aparece con frecuencia nas pezas orquestrais, e no jazz usánse unha gran variedade de címbalos.
-
Instrumento cordófono da familia das cítaras, orixinario de Hungría. Consiste nunha caixa trapezoidal sobre a que se tensan unhas cordas e o son prodúcese pola súa percusión mediante dúas baquetas. Béla Bartók, Franz Liszt e Zoltán Kodály incluírono nas súas pezas para orquestra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
De forma semellante a unha barquiña, como o froito da caléndula.
-
-
Construción de forma poligonal ou cilíndrica que serve de base a unha cúpula e que descansa sobre os arcos construídos na intersección de dúas naves ou arcos torais. Permite iluminar o interior do edificio a través das aberturas feitas no seu perímetro.
-
Construción ou torre elevada sobre o cruceiro de planta cadrada ou poligonal que adoita rematar nun chapitel.
-
Bóveda semiesférica dun edificio.
-
Especie de baldaquino con forma de cúpula, sostido por columnas, que se eleva sobre o altar maior dunha igrexa.
-
Copa grega con forma de flor de nenúfar.
-
-
-
Parte máis elevada dun monte.
-
-
Estada ou armadura de madeira ou doutro material que, coa curvatura adecuada, se levanta para soster unha bóveda durante a súa construción ou para suxeitar as doelas dun arco mentres non se coloca a clave.
-
Curvatura interna dun arco ou dunha bóveda.
-
Patrón curvo que permite labrar nun perpiaño unha superficie cóncava ou convexa.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de cimbrar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colocar as cimbras para construír unha bóveda ou un arco.
-
-
Mover unha cousa delgada e flexible de forma oscilante.
-
Lanzar con forza algunha cousa.
-
Cortar unha árbore. Ex: Cimbraron os primeiros piñeiros co cimbrón, pero logo seguiron cunha motoserra.
-
Ter un movemento de oscilación algún corpo con certa flexibilidade.
-
Beber moito ata emborracharse. Ex: Címbrase en todas as festas ás que vai.
-
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘beber’.
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘meter’.
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘bater’.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acimbre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar poboado de cimbros.
-
-
Relativo ou pertencente aos cimbros.
-
Dialecto do celta britónico que falaban os cimbros, mantido na zona fronteiriza occidental entre Inglaterra e Escocia probablemente ata o s X. Consérvanse escasos restos deste dialecto, apenas unhas tres palabras.
-
-
-
Parte elevada dun monte.
-
Armazón de madeira ou doutro material levantado para construír ou arranxar arcos ou bóvedas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto ou árbore que pode acadar os 15 m de altura, de casca e cor avermellada, con follas aciculiformes perennifolias, de ata 2 cm de lonxitude e 2 mm de ancho, cunha franxa branca no revés, dispostas en verticilos. As árbores masculinas presentan os conos amarelados de xeito illado nas axilas das follas, mentres que as femininas levan as piñas globulosas de ata 10 mm de diámetro, formadas por escamas soldadas cunha coloración negra cando están maduras que constitúen os froitos; estes teñen aparencia de baia e maduran no segundo ano. É unha das coníferas que presentan unha distribución xeográfica máis ampla, xa que corresponde coas rexións temperadas e frías de Europa e Norteamérica, Asia e N de África. Na Península Ibérica están presentes tres subespecies de Juniperus comunis: J. comunis comunis, que constitúe unha árbore que pode acadar os 15 m de altura, de copa estreita e que forma bosques entre os 100 e os 400 m de altitude na metade oriental; J. comunis...
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo dos cimbros ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo xermánico dos cimbros.
-
Pobo xermánico influído polos celtas. Orixinarios de Xutlandia, emigraron cara ao sur xunto cos teutóns, os ambróns e os tigurinos arredor do s II a C. Invadiron a Galia meridional xunto cos teutóns (110 a C) e loitaron cos romanos en Orange (105 a C). Separados novamente dos teutóns, pasaron aos Alpes. Foron exterminados por Caio Mario na Batalla dos Campos Raudios (101 a C).
-
címbrico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Serra grande con dous mangos, un en cada extremo, que se emprega para cortar troncos grandes.
-
-
Adorno que se colocaba sobre o helmo e que consistía en figuras moi vistosas. Estaba feita de material moi lixeiro, como cartón ou pergamiño, e levábana os cabaleiros para facerse recoñecer nos combates. Servía tamén de brisura para distinguir ramas dunha familia e como símbolo distintivo dalgún oficio ou dunha dignidade.
-
Cima dun monte.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se encontra na cima ou na parte superior de algo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto aromático do que se coñecen os tres isómeros orto, meta e para (o-, m- e p- respectivamente). O p-cimeno localízase en moitos aceites esenciais (comiño e tomiño). Emprégase como disolvente e na fabricación de resinas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de cimentar.
-
-
Dispoñer os cimentos dunha construción.
-
Dar a algunha cousa unha solidez ou consistencia maior da que ten.
-
Ter algunha cousa ou alguén o seu fundamento ou base nunha cousa que se expresa.
-
Afirmarse algo dun xeito estable e consistente.
-
-
-
Parte do edificio soterrada que serve de apoio e soporte para a estrutura do mesmo e que chega a rentes do chan. OBS: Emprégase xeralmente en plural.
-
Argumento ou idea principal sobre a que se constrúe un principio, unha teoría ou outra cousa non material.
-