"CIT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 410.

  • Célula embrionaria indiferenciada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Bihar, India (350.540 h [1991]). Situada no val do Damodar (considerado o Rhur hindú), posúe abundantes recursos de hulla e unha activa industria siderúrxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín que xurdiu en maio de 1811 e que se publicou ata que o Cuartel Xeneral marchou de Lugo. A pesar de que se redactaba todos os días tiña unha saída irregular. Estaba dividido en diferentes seccións nas que se falaba das operacións, datos e noticias que tivesen relación co sexto exército. Exemplos dos títulos destas seccións poden ser “Reconocimientos y movimientos de los demás Cuerpos”, “Órdenes del día”, “Actos de valor y heroismo realizados por el ejército y soldados españoles”, “Artículos doctrinales”, “Noticias regionales”, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín publicado entre maio de 1811 e o 17 de novembro de 1811. Tiña periodicidade irregular. Editábase na imprenta do Sexto Exército.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Borato e cloruro de magnesio, Mg3B7O13Cl. Mineral dimorfo, cúbico e rómbico. Preséntase en masas brancas ou en cristais translúcidos, incoloros ou azulados. Ten dureza 7-7,5 e peso específico 2,9.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Borato de sodio e calcio hidratado, de fórmula B5O9CaNa·8H2O, tamén denominado ulexita. Preséntase en agregados de cristais triclínicos, brancos e nodulosos. É materia prima na obtención do ácido bórico e de boratos. Presenta unhas propiedades ópticas moi interesantes para a fabricación de fibras ópticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de magnesio e ferro, de fórmula (Mg,Fe)SiO3. Pertence á serie dos piroxenos rómbicos. Preséntase en masas fibrosas, de cor tirando a marrón ou verde escuro. É elemento esencial das noritas e dos gabros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidróxido de magnesio, de fórmula Mg(OH)2. Preséntase en cristais tabulares romboédricos, incoloros ou brancos, de brillo vítreo ou nacarado. Ten dureza 2,5 e peso específico 2,38-6,40.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carbonato de calcio, de fórmula CaCO3. Xunto coa argonita, forma o dimorfismo do CaCO3. Cristaliza no sistema romboédrico, en forma de cristais prismáticos e tamén en formas compactas, oolíticas e pisolíticas. Xeralmente é incolora ou branca, con brillo vítreo e as variedades transparentes (espato de Islandia) presentan unha intensa birrefrinxencia. Ten unha dureza de 3 e un peso específico de 2,72. É facilmente soluble en ácidos diluídos, cunha forte efervescencia. Forma as calcarias, o mármore, a creta e as estalactitas e estalagmitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hormona polipeptídica segregada polas células parafoliculares (células C) da glándula tiroide baixo a influencia da hipocalcemia. Inhibe a reabsorción dos ósos, de xeito antagónico ao da parathormona, e intervén no metabolismo fosfato-cálcico con efectos hipocaliémicos e hipofosfatémicos. Patoloxicamente, segrégaa en exceso o carcinoma medular da tiroide, do que resulta un marcador tumoral importante. Emprégase no tratamento de certas enfermidades óseas como a osteoporose e a enfermidade de Paget.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compoñente dos meteoritos constituído por ferro e níquel, este último en proporción inferior ao 8%. Cristaliza no sistema cúbico centrado. É o constituínte principal das hexaedritas e aparece tamén nas octaedritas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de capacitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de capacitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer apta a unha persoa, darlle o dereito ou cualificar a alguén para facer algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a unha capacidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Nevada, EE UU, situada nos contrafortes de Sierra Nevada (47.237 h [1997]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comité Consultivo Internacional de Telegrafía e Telefonía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Real Club Celta de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten organización de cenocito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Masa protoplasmática plurinucleada. Trátase de plasmodio cando os núcleos proveñen da división repetida dun núcleo orixinal e de síncito cando resultan da fusión dos citoplasmas dunhas cantas células independentes.

    VER O DETALLE DO TERMO