"COE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 127.

  • Xénero de réptiles da subclase dos diápsidos, de ata 40 cm de lonxitude, con costelas prolongadas externamente aos lados do corpo, unidas cunha pelica e formando unhas ás de 30 cm de envergadura. Alimentábase de insectos, nas selvas de Madagascar, a finais do Pérmico, e desprazábase planeando entre as árbores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de dinosauros da familia dos celúridos, de ata 2 m de lonxitude e cunha cabeza menor aos 20 cm de longo. As patas traseiras, coas que corrían velozmente, eran longas, e as dianteiras contaban con tres dedos con garras, coas que capturaban réptiles e pequenos mamíferos. Viviron a finais do Xurásico e os principais xacementos están en América do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico norteamericano. Xunto co seu irmán Ethan Coen (Minneapolis 1957), forma unha das parellas máis destacadas do cine norteamericano independente. Realizaron Blood Simple (Sangue fácil, 1984); Miller’s Crossing (Morte entre as flores, 1990), premiada en Donostia; Barton Fink (1991), Palma de Ouro no Festival de Cannes; e Fargo (1995), Oscar en 1996 á mellor dirección e á mellor actriz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de odonatos da familia dos cenagriónidos que na fase adulta se presentan como gaiteiros. O macho ten o abdome de cor azul con deseños negros na cara dorsal, que no caso do segundo segmento é característico de cada especie. As femias teñen o abdome amarelado, averdado ou azul con manchas negras dorsais. As larvas dalgunhas especies pódense desenvolver tanto en augas estancadas como en correntes. En Europa existen 12 especies e en Galicia están presentes C. lindenii, C. mercuriale, C. puella e C. scitulum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Membro dun cabido dunha catedral ou dunha colexiata. A evolución da institución canónica creou as distincións de coenxías de dignidade (arcediago, deán, arcipreste e chantre) e de oficio (doutoral, maxistral, lectoral e penitenciario). Distínguese entre cóengos seculares e regulares, e pola forma de ingreso no cabido entre o cóengo de oposición e o cóengo de gracia. En España, segundo o Concordato de 1851 e decretos posteriores, o número de cóengos era de 24 nas sés metropolitanas e de 16 nas sufragáneas. O nomeamento das diversas dignidades de designación por gracia, alternaba entre o Estado, a Santa Sé e o bispo, segundo unhas quendas establecidas, agás o chantre e o deán, nomeados, respectivamente, polo papa e polo xefe do Estado. A partir de 1979 suprimiuse a intervención do Estado.

    2. Antigamente, crego que seguía unha regra ou canon e que vivía xeralmente en comunidade canónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de lepidópteros da familia dos satíridos, de bolboretas con ás que acadan unha envergadura de ata 35 mm, de cor acastañada clara co bordo máis escuro e cunha mancha en forma de ocelo en cada unha das ás anteriores. As eirugas aliméntanse de herbáceas de pastos e prados abertos. En Galicia están presentes as especies C. glycerion, C. arcania, C. dorus e C. pamphilus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Prebenda e dignidade de cóengo.

    2. Casa destinada á vida comunitaria dun capítulo de cóengos.

    3. Propiedade dun capítulo de cóengos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas, en campo de azul, dous bastóns de ouro, dereitos e postos en faixa, arrimados de seis vieiras de prata, tres a cada lado e colocadas en pao; bordo de goles, con dez aspas de ouro. Outra variante trae, en campo de azul, dous báculos de ouro, arrimados de seis vieiras de prata, tres a cada lado e colocadas en pao; bordo de goles, con dez aspas de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Molécula orgánica pequena, non proteica, relativamente complexa e termostable, necesaria para a actividade dun enzima pero facilmente separable deste sen destruílo. Isto último é o que o diferenza do grupo prostético. O coenzima, a diferencia do substrato, adoita rexenerarse en fases posteriores da acción enzimática. Actúa como aceptante ou como doador dun tipo específico de átomo ou de grupo de átomo, que lle saca ou lle pon a outra molécula, nunha reacción catalizada polo holoenzima. O hidróxeno ou outros radicais pequenos son os tipos de materiais transferidos máis correntes.

    2. Dinucleótido de nicotinamida e adenina.

    3. Fosfato de dinucleótido de nicotinamida e adenina.

    4. Coenzima das reaccións enzimáticas de transferencia de grupos acilo a grupos carbonilo ou a alcohois e aminas para dar ésteres e amidas. Está formado por 3’,5’-adenosina-difosfato e o fosfato de panteína. O seu interese bioquímico está no seu derivado acetilato, o acetiloenzima A.

    5. Catalizador bioquímico de oxidación-redución. É un derivado da 2-metil-5,6-dimetoxibenzoquinona cunha cadea isoprénica lateral. É un pigmento amarelo, insoluble en auga, que se extrae do intestino de animais. Está relacionado, estruturalmente, coas vitaminas E e K. Os coenzimas Q tamén se denominan ubiquinonas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘vergoña’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de coercible.

    2. Atributo da norma xurídica que lles outorga aos órganos xurisdicionais do Estado a posibilidade de impoñer a observancia da sentencia coactivamente e de establecer a sanción correspondente no caso de que esta fose violada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pode ser obxecto de coerción.

    2. Aplícase ao gas que pode ser licuado por compresión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de obrigar a alguén a dicir ou facer algunha cousa.

    2. Forza constritiva que actúa sobre o conxunto ou parte da sociedade para obrigala a actuar dunha maneira determinada. Esta forma de control social emprégaa o Estado, a través da policía e do exército, e é esencial en certos procesos de integración social xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade de conservar a imantación que presenta un corpo previamente imantado.

    VER O DETALLE DO TERMO