Coenonympha

Coenonympha
[ANIMAL/ENTOM]

Xénero de lepidópteros da familia dos satíridos, de bolboretas con ás que acadan unha envergadura de ata 35 mm, de cor acastañada clara co bordo máis escuro e cunha mancha en forma de ocelo en cada unha das ás anteriores. As eirugas aliméntanse de herbáceas de pastos e prados abertos. En Galicia están presentes as especies C. glycerion, C. arcania, C. dorus e C. pamphilus.

Palabras veciñas

coenlleira | coenlleiro -ra | coenllo | Coenonympha | coenxía | Coenza | coenzima