coenzima

coenzima
  1. s m [BIOQ]

    Molécula orgánica pequena, non proteica, relativamente complexa e termostable, necesaria para a actividade dun enzima pero facilmente separable deste sen destruílo. Isto último é o que o diferenza do grupo prostético. O coenzima, a diferencia do substrato, adoita rexenerarse en fases posteriores da acción enzimática. Actúa como aceptante ou como doador dun tipo específico de átomo ou de grupo de átomo, que lle saca ou lle pon a outra molécula, nunha reacción catalizada polo holoenzima. O hidróxeno ou outros radicais pequenos son os tipos de materiais transferidos máis correntes.

  2. coenzima I [BIOQ]

    Dinucleótido de nicotinamida e adenina.

  3. coenzima II [BIOQ]

    Fosfato de dinucleótido de nicotinamida e adenina.

  4. coenzima A [BIOQ]

    Coenzima das reaccións enzimáticas de transferencia de grupos acilo a grupos carbonilo ou a alcohois e aminas para dar ésteres e amidas. Está formado por 3’,5’-adenosina-difosfato e o fosfato de panteína. O seu interese bioquímico está no seu derivado acetilato, o acetiloenzima A.

  5. coenzima Q [BIOQ]

    Catalizador bioquímico de oxidación-redución. É un derivado da 2-metil-5,6-dimetoxibenzoquinona cunha cadea isoprénica lateral. É un pigmento amarelo, insoluble en auga, que se extrae do intestino de animais. Está relacionado, estruturalmente, coas vitaminas E e K. Os coenzimas Q tamén se denominan ubiquinonas.

Palabras veciñas

Coenonympha | coenxía | Coenza | coenzima | Coeo | coera | coercibilidade