"CUT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 100.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método de diagnose inmunolóxica que consiste en pór en contacto un antíxeno sobre a pel, con ou sen escarificación previa da derme.
-
GALICIA
Enxeñeiro de minas. Profesor na Escola de Minas, foi inspector xeral de minas e sucedeu a Casiano del Prado na dirección das minas de Almadén. Publicou, entre outras obras, Memoria sobre las minas de estaño situadas en las provincias de Pontevedra y Orense (1847).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ou quen non gasta nada e aforra todo.
-
Que ten mal aspecto e pouca calidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terrón duro e compacto que se levanta ao labrar un terreo.
-
CIDADES
Cidade do estado de Orissa, India (402.390 h [1996]), situada ao comezo do delta do río Mahānadi. É o principal centro comercial agrícola da área do delta.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Embarcación de vela de pouca tonelaxe, de orixe neerlandesa, típica dos mares do Norte, de casco fino e con aparello de balandra.
-
Embarcación dun só pau e bauprés, con posibilidade de calar cara a dentro, e aparello de balandra, é dicir, vela maior áurica, escandalosa, trinquete e dous foques. O cutter deportivo leva o pau máis á popa ca o balandro, non ten bauprés e o aparello é do tipo Marconi, con foque e trinquete.
-
-
Ferramenta para cortar cartón, papel ou outro material semellante que consiste nun mango onde vai inserida unha folla metálica afiada e extensible.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Regata internacional de grandes barcos veleiros organizada pola International Sailing Training Association, que adoptou a denominación dun clipper construído en 1869 nos estaleiros de Clydebank (Escocia). Esta embarcación entrou en servizo en febreiro de 1870 para transportar té de China e outros artigos coloniais. En 1895 adquiriuno a casa viñateira Ferreira, do Porto, que o rebautizou co seu nome. En 1922 retornou ás Illas Británicas onde foi restaurado. Dende entón permanece varado no porto de Greenwich (Londres). En 1955 xurdiu a iniciativa de organizar a regata internacional para grandes veleiros, de carácter bienal, que celebrou a súa primeira edición en 1956 cun percorrido entre Torbay e Lisboa. En 1972 a firma de licores londinense Berry Bros. & Rudd decidiu patrocinar o evento, pois un ano despois da volta do clipper ao Reino Unido (1923) escollera o nome Cutty Sark para o seu novo whisky. A regata Cutty Sark ten un carácter non competitivo, pois os seus principais...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘compracer’.
-
-
Ave dos xéneros Galerida e Lullula da familia dos aláudidos, que se caracterizan por presentar curupelas -que despregan especialmente na época nupcial-, peteiros finos e algo longos e a plumaxe de cor, predominantemente parda manchada. Camiñan lixeiras, para o que se axudan da longa unlla do dedo posterior das patas. Crían no chan, sen chegar a facer un niño que, como moito, conta con algunhas plumas da femia. Os pitos son nidícolas e non tardan en cubrirse de plumas e afastarse do lugar de incubación. Os adultos teñen un canto melodioso que emiten cando están pousados ou voando, fundamentalmente na época de cría.
-
Ave de 17 cm de lonxitude, coa plumaxe ocre, o peteiro longo e fino e os tarsos libres de plumas. Aliméntase fundamentalmente de invertebrados do chan. Emite o canto mentres voa de xeito ondulante. As poboacións que viven en latitudes meridionais están formadas por aves sedentarias -aínda que as que viven en montañas poden realizar movementos invernais cara ás ladeiras menos frías-, mentres que as que viven en latitudes setentrionais son migradoras. Habitan en chairas ou terreos pouco accidentados das zonas temperadas e cálidas da rexión Paleártica e nas partes menos áridas dos desertos do Sáhara e Arabia. Existen vinte subespecies, das que dúas están presentes na Península Ibérica: G. cristata cristata, que se distribúe por Galicia -asociada a ladeiras de solaina das serras orientais-, Centroeuropa, Suecia e os Países Bálticos, e G. cristata pallida no resto da Península.
-
Ave de 15,5 cm de lonxitude, coa plumaxe ocre, o peteiro algo longo e fino e grandes tarsos libres de plumas. A especie distribúese en dúas áreas independentes: unha na Península Ibérica -onde ocupa a área mediterránea e o norte de África-, e outra en Etiopia e Somalia.
-
Ave de 14 cm de lonxitude, de peteiro fino e recto, coa plumaxe críptica e cunha franxa branca na ala a xeito de bandeira. Distribúese en bosques abertos polo Paleártico occidental, dende a Península Ibérica ata as montañas de Irán. En Galicia está presente en áreas abertas, as máis das veces, asociadas a prados para o gando.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode discutir.
-
-
Que discute.
-
Persoa á que lle gusta discutir.
-
-
-
Examinar unha cuestión entre dúas ou máis persoas, razoando os argumentos empregados tanto en contra como a favor, para chegar a unha conclusión ou acordo.
-
Manifestar unha postura contraria ou crítica a algo ou ao que alguén ordena.
-
Falar, intercambiando argumentos e ideas opostas sobre algún tema.
-
Enfrontarse verbalmente dúas ou máis persoas, ou unha con outra, por non estar de acordo nalgún tema.
-
-
-
Causar a morte dunha persoa ou animal.
-
Morrer por mor dunha descarga eléctrica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terceira das cinco partes en que se organizaba o discurso oratorio segundo a retórica clásica. Sitúase a continuación da inventio -recollida dos materiais precisos para defender unha causa- e da dispositio -organización do material-, e consiste na súa elaboración verbal. Transmite a mensaxe a través de dúas operacións: a electio ou selección de palabras, e o ornatus ou embelecemento mediante tropos e figuras retóricas. A continuación, contempla a compositio, combinación e ordenación fonética e sintáctica de palabras e enunciados que mellor convén ao discurso. O seu obxectivo é provocar o interese do público por medio dunha expresión diferente e atraente. Considérase a parte máis importante da retórica e caracterízase pola corrección (puritas), claridade (perspicuitas), elegancia (concinnitas), agudeza verbal e exquisitez da lingua (sententiarum ornatus e verborum exornatio). A retórica clásica recoñece tres modalidades básicas de estilo elocutivo: o genus humile, o genus medium e o genus...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á elocución.
-
-
Porción do mesonoto dos insectos, de forma triangular, que se localiza entre as alas anteriores e posterior ao escudo e corresponde coa terceira das divisións da superficie dorsal do segmento torácico. É patente nos coleópteros e percebellas.
-
Cotiledón das poáceas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de escudo.
-
-
Que se pode executar.
-
Programa que pode ser posto en funcionamento directamente baixo un sistema operativo determinado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen executa.
-
-
-
Facer algo seguindo un plan establecido por un mesmo ou por outro.
-
Realizar ou cumprir unha orde, un castigo ou unha sentencia.
-
-
Aplicar a pena de morte.
-
Proceder xudicialmente contra un debedor exercitando a acción executiva.
-
Tocar ou cantar unha peza musical.
-
-
Introducir un mandato para que unha aplicación informática comece a funcionar ou realice unha función determinada.
-
Iniciar un programa, en certos sistemas operativos, tecleando unicamente o seu nome de arquivo e a unidade desde a que debe funcionar.
-
-