"Carpi" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 49.

  • Alcaloide que se localiza nas follas do jaborandi. Presenta unha elevada toxicidade e emprégase en medicina, xeralmente en forma de hidrocloruro ou nitrato, na preparación de pomadas e tónicos para o cabelo e en forma de colirio, para contrarrestar o efecto dos midriáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que florece e frutifica varias veces.

      1. Relativo ou pertencente ás policárpicas.

      2. Planta do antigo grupo das policárpicas.

      3. Antigo grupo de dicotiledóneas dialipétalas que comprendía as ordes das magnoliais e das antigas ranais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao pseudocarpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten os carpelos concrescentes nun só ovario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade fundada en Santiago de Compostela en 1894 que, xunto coa Sociedad de Canteros, foi a pioneira do obreirismo compostelán. Na súa fundación confluíron as tres principais correntes proletarias do momento: a socialista, a republicana e a libertaria. Afiliouse á UGT en 1895, á Federación de Sociedades de Resistencia de la Región Española en 1900 e á Federación de Obreros del Ramo de Elaborar Madera en 1908. Foi un dos alicerces da Federación Local de Sociedades Obreras (1916) e participou na formación da CRG. Incorporouse na Segunda República á Federación Local da CNT. Logo do fracaso da revolución de Asturias de 1934 tomou o control da directiva da sociedade o Partido Sindicalista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade creada en 1899 na Coruña. Sucedeu ao gremio de carpinteiros adherido á Primeira Internacional en 1871.   Entre 1908 e 1910 fíxose cargo da Federación de Obreros del Ramo de Elaborar Madera de carácter estatal e da edición do seu voceiro La Cuña. En 1910 participou no Congreso fundacional da CNT. Durante a Segunda República, en 1933, integrouse como sección no Sindicato del Ramo de la Construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, prosista e autor dramático. Coñecido como Lope de Vega e Fénix de los Ingenios, formouse en parte nas universidades de Alcalá e Salamanca. Posteriormente ingresou na Armada e foi secretario do marqués de Sarria. De temperamento vivo e exaltado, sobre todo no aspecto sentimental, a súa intensa vida reflíctese na obra lírica, tanto nos sonetos de Rimas humanas (1602) e Rimas sacras (1614), coma nos romances compilados no Romancero general (1600) e en La Dorotea (1632). Cunha extraordinaria capacidade para imitar a poesía popular, escribiu poemas épicos, burlescos, relixiosos, históricos e mitolóxicos, narracións e novelas pastorís (La Arcadia, 1589), bizantinas (El peregrino en su patria); e curtas (La prudente venganza, 1624). En 1609 apareceu o seu Arte nuevo de hacer comedias, onde recomendaba prescindir das regras clásicas, mesturar o elemento tráxico co cómico e introducir nel o popular,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Maduración dos froitos baixo terra.

    VER O DETALLE DO TERMO