"CiU" (Contén)
Mostrando 19 resultados de 59.
-
PERSOEIRO
Astrónomo alemán. Estudiou teoloxía e foi pastor luterano. Colaborou con Kepler no estudo de Marte. En 1596 descubriu a primeira estrela variable denominada Mira Ceti. A partir de 1610, xunto co seu fillo, estudiou as manchas solares.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo e bibliógrafo alemán, fillo de David Fabricius. En Hamburgo editou a Bibliotheca graeca (14 vols, 1705-1728) e a Bibliotheca latina (2 vols, 1697), enumeracións bibliográficas de autores gregos e latinos, e a Bibliotheca latina mediae et infimae aetatis (6 vols, 1734-1736), primeiro repertorio científico da literatura medieval. É autor tamén dunha escolma de escritos extracanónicos e apócrifos da Biblia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Entomólogo danés. Discípulo de Linné, introduciu unha nova sistemática para a clasificación dos insectos no Supplementum entomologiae (1797) e renovou a entomoloxía en Sistema entomologiae (1775).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político inglés. Vizconde de Falkland. Membro do Parlamento desde 1640, opúxose ao establecemento do Ship Money e á abolición do episcopado antes de converterse en 1642 no conselleiro do Rei Carlos I. Participou no sitio da cidade de Gloucester e na Batalla de Newbury.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, da familia das papaveráceas, con látex amarelo, que se caracteriza por presentar follas máis ou menos lobuladas, de flores axilares ou terminais solitarias de cor amarela ou alaranxada, e o froito en cápsulas silicuiformes que abre de arriba a abaixo. En Galicia está presente en zonas de beiramar a especie G. flavum.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas perennes, da familia das asteráceas, de follas alongadas, de flores agrupadas en capítulos xeralmente de cor amarela e froito en aquenio ladeado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Mereczowszczyźna 1746 - Solothurn, Suíza 1817) Militar lituano. Dirixiu a resistencia dos patriotas polacos contra os rusos, aos que venceu en Raclawice (1794). Vencido por rusos e prusianos en Maciejowice (1796) foi feito prisioneiro, pero posteriormente foi liberado (1798) e exiliado.
-
PERSOEIRO
Poeta lituano. Coñecido como Maironis, foi o máximo expoñente da poesía e do renacemento nacionalista lituano. A súa poesía, romántica, reflicte a loita pola independencia do pobo lituano, como en Pavasario balsai (Voces primaverais, 1892), Jaunoji Lietuva (A Lituania nova, 1907) e Mūsu vargai (A nosa desventura, 1921). Escribiu tamén unha triloxía dramática de carácter épico e ensaios históricos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes, da familia dos merlúcidos, ao que pertence a pescada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Andrzej Frycz Modrzewski.
-
PERSOEIRO
Escritor e músico brasileiro. Coñecido como Vinicius de Moraes, presentou un estilo populista e triunfou coa peza dramática Orfeu da Conceição (1956), orixe do filme Orfeu Negro (1959). Renovou a música popular coa creación da bossa nova, e da súa discografía destacan Canção de Amor Demais (1958), Os Afro-Sambas (1966), O Poeta e o Violão (1975) e Un Pouco de Ilusão (1980). Publicou libros como O caminho para a distância (1933), Cinco elegias (1943) e Pátria minha (1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Marcus Vinicius Melo de Moraes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, da familia das liliáceas, que presentan as flores de pequeno tamaño dispostas en acio terminal e moitas sementes. En Galicia atópase N. ossifragum, que crece en lugares acedos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de protozoos ciliados, da subclase dos cilióforos, que teñen forma ovoide alongada e miden entre 150 e 300 ì. Presentan un revestimento continuo de cilios, dispostos regularmente, que sempre están en movemento. Encóntranse nas augas doces de todo o mundo.
-
-
Porción moi pequena.
-
Indulxencia que se gaña na capela da Porciúncula, preto de Asís, onde san Francisco de Asís estableceu o primeiro centro da orde franciscana, e nas igrexas franciscanas, catedrais e igrexas parroquiais cada 2 de agosto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos, da familia das corticiáceas, que medra en forma de placas ou manchas azuis sobre todo tipo de madeira. En Galicia destaca a presenza da especie P. caeruleum.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos roedores, da familia dos esciúridos, á que pertencen algúns esquíos.
-
-
Composto binario de silicio que ten elementos máis electropositivos ca el. Son compostos moi duros e refractarios, presentan similitudes cos carburos e gozan de estruturas semimetálicas.
-
Anión Si 4- que se pode considerar formalmente derivado do silano por perda dos seus catro átomos de hidróxeno.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario situado preto do municipio de El Grado, en Huesca (Aragón). Foi erixido en 1975 polo fundador do Opus Dei, san Xosemaría Escrivá de Balaguer en honor da imaxe da Virxe María que era venerada nunha ermida próxima.