"Consell" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 53.

  • Organismo encargado da coordinación e colaboración entre as institucións museísticas galegas. Ten a súa sede en San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Fundouse en 1983 trala celebración en 1981 do I Coloquio de Museos Galegos en Santiago de Compostela, primeira tentativa de cooperación entre os diversos museos de Galicia. O 21 de xullo de 1991 adquiriu estatuto legal e adheríronse dez museos; posteriormente, ampliouse a 23 os centros museísticos: Museo da Colexiata de Santa María do Campo, Museo de Belas Artes e Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón da Coruña; Museo das Mariñas de Betanzos; Museo do Pobo Galego, Museo das Peregrinacións e Museo Historia Natural Luís Iglesias en Santiago de Compostela; Museo Provincial de Pontevedra; Museo Municipal Quiñones de Léon de Vigo; Museo Municipal de Ponteareas; Museo Etnolóxico de Ribadavia; Museo Comarcal da Limia en Vilar de Santos; Parque Etnográfico do Río Arnoia en Allariz; Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense;...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano consultivo da Comunidade Autónoma de Galicia adscrito á consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Creado pola Lei 7/1988, do 12 de xullo, está integrado por representantes das organizacións sindicais de traballadores e do empresariado e ten competencias en materia de dereito laboral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización dos países produtores de cobre fundada en 1960. Malia controlar máis do 50% da produción mundial, non conseguiu fixar nin unha política común nin un prezo do cobre no mercado internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización científica internacional non gobernamental que ten como finalidade fomentar a actividade científica internacional. Creouse en 1931 a partir do International Research Council e a súa sede está en París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo consultivo interparlamentario creado en 1952 en Copenhaguen para favorecer a cooperación económica e social entre Dinamarca, Islandia, Noruega, Suecia e Finlandia (que se adheriu en 1955). Consta de 87 membros elixidos anualmente polos parlamentos dos estados respectivos. As illas Feroe (desde 1970), Groenlandia (desde 1984) e as illas Åland (desde 1970) teñen representación propia dentro das delegacións de Dinamarca e Finlandia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional fundada en Roma en 1974 durante o desenvolvemento da Conferencia Mundial de Alimentación. Fórmana 36 membros da ONU e analiza a situación alimentaria mundial, ao tempo que exerce a súa influencia sobre os gobernos e a ONU. A súa sede está en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo que exerce as funcións de control e que garante a especificidade e a calidade na maioría das denominacións protexidas de produtos agroalimentarios. Como norma común supervisa, para todos os elaboradores inscritos nunha determinada denominación, que todas as fases do proceso produtivo se axustan ao detallado na normativa específica e protexe aqueles produtos que cumpren estas condicións, de acordo coas características finais esixidas -para o que se realizan, en moitos casos, análises químicas- e, principalmente no caso dos viños, superan un exame organoléptico. Aos produtos avaliados, como norma xeral, concédeselles unha etiqueta identificativa numerada. En Galicia, contan cun Consello Regulador as Denominacións de Orixe: Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Monterrei, Ribeira Sacra e Queixo Tetilla; e as Denominacións Específicas: Orujo de Galicia, Lacón Gallego e Ternera Gallega. Os Órganos Rectores da Denominación de Orixe Queixo de Arzúa-Ulloa e dos Produtos Galegos de Calidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo sindical que procura dar resposta aos problemas sociais, laborais e sindicais comúns aos traballadores da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Procura a mellora das condicións sociolaborais dos traballadores e garante a cooperación sindical transfronteiriza. Presidida por Xoán Castro, reúne os sindicatos do Norte de Portugal e Galicia pertencentes á Confederación Europa de Sindicatos (CES): Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, Unión Xeral de Traballadores de Galicia, União Geral de Trabalhadores do Norte de Portugal e Confederação Geral dos Trabalhadores Portugueses-Intersindical Nacional do Norte de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano de ámbito autonómico, creado pola Lei 5/1987, do 27 de maio, e modificado pola Lei 11/1989, do 20 de xullo. As súas funcións son, entre outras: facilitar o intercambio de información e consultas entre as universidades galegas; elaborar programas conxuntos de actuación para solucionar os problemas e as necesidades do sistema universitario de Galicia; emitir o informe sobre as propostas de creación de novas universidades e de creación, modificación ou supresión de centros, titulacións universitarias e institutos de investigación; dar a coñecer os novos plans de estudo impartidos nas universidades galegas; propoñer a organización conxunta de estudios entre as universidades, especialmente no que se refire a terceiros ciclos, estudios de posgrao e titulacións que non teñan carácter oficial no Estado; emitir informes sobre os programas de investimentos no sistema universitario de Galicia feitos directamente pola Comunidade Autónoma galega; garantir a racionalización dos estudios, dos servicios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non é aconsellable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicar ou dicir que non é conveniente certa cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comisión de trinta cidadáns oligarcas, chamados tamén os Trinta e os Trinta Tiranos, instituída en Atenas tras a derrota ante Esparta (404 a C). Levaron a cabo feroces persecucións dos partidarios da democracia e despois dun ano de dominio foron depostos nunha revolta, na que participou decisivamente Trasibulo.

    VER O DETALLE DO TERMO