"Copi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 229.

    1. Relativo ou pertencente aos cercopitecoideos.

    2. Mono da superfamilia dos cercopitecoideos.

    3. Superfamilia de monos, propios do continente americano, de orificios nasais próximos, colas non prénsiles que poden opor o polgar ao resto dos dedos. Pertencen a esta superfamilia o mandril, o macaco e o narigudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de primates catarríneos cinocéfalos da familia dos cercopitécidos, de 35 a 70 cm de lonxitude e coas extremidades posteriores un pouco máis longas ca as anteriores. Viven en grupos familiares pouco numerosos e esténdense por todo o continente africano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Receptor axustado a unha cámara que rexistra programas de televisión sobre película cinematográfica.

    2. Tubo de imaxe dun monitor ou dun televisor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato individual inventado por T. A. Edison en 1891 para visualizar filmes a través dun ocular. Nel pasábanse películas de 35 mm a un ritmo de 48 imaxes por segundo, rexistradas nun cinetógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exploración endoscópica da vexiga urinaria. Mediante un cistoscopio, emprégase para o exame da mucosa, da cavidade vesical e da función excretora pielouretral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento para a práctica da cistoscopia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Endoscopia que permite o estudo do colon e, en xeral, de todo o intestino groso, practicada co colonoscopio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento óptico de forma tubular que se utiliza para a práctica da colonoscopia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exploración visual da porción vaxinal do colo uterino que se realiza por medio do colposcopio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello que se utiliza para a exploración visual directa da porción vaxinal do colo uterino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao conoscopio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento empregado para observar fenómenos de interferencia en láminas de cristal mediante luz polarizada converxente. Consiste, xeralmente, nun microscopio de grande angular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Raúl Damonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gran cantidade ou abundancia dalgunha cousa.

      1. Acción e efecto de copiar.

      2. Cousa que se fixo copiando.

      3. Cada un dos exemplares que reproducen algo.

      4. Reprodución artesanal máis ou menos exacta dunha obra de arte. No período helenístico difundiuse moito o seu uso. Unha gran parte das estatuas da Grecia clásica recoñecéronse a través das copias romanas. No mundo moderno, os artistas realízanas para acadar unha maior perfección técnica.

      5. Exemplar positivo obtido a partir dun negativo. En cinematografía sácase primeiro a copia de traballo para facer as operacións de montaxe e despois a copia de explotación ou estándar.

      6. Transcrición dun texto ou dun documento manuscrito. Podía facerse directamente a partir do orixinal ou dunha copia. En calquera caso, era frecuente que a copia comportase unha alteración do texto por mor da maior ou menor capacidade e atención do copista quen, por outra banda, intentaba ás veces mellorar o texto que tiña diante. É tarefa da crítica textual atopar o texto orixinal a través das distintas copias. Diferénciase entre copia autógrafa, se estaba feita polo mesmo autor dun orixinal autógrafo ou polo mesmo escribán que estendía o orixinal heterógrafo; copia auténtica, se estaba lexitimada e confirmada oficialmente polas chancelerías; e acopia imitativa ou simulada, se era unha transcrición dun documento que non citaba a data do traslado nin o nome do copista.

      7. Reprodución literal dun escrito orixinal que se realiza integramente ou en extracto. Para que teña validez xurídica, debe ser autorizada polo notario coas formalidades do dereito. Pode ser certificada ou simple, segundo a formalidade empregada polo notario. A copia notarial pode ser primeira, cando se trate do traslado da escritura matriz que ten dereito a obter por unha soa vez cada un dos contratantes; ou segunda, que se expide por mandato xudicial, con citación dos interesados e que se destina a proporcionar unha copia a terceiras persoas e tamén a aquelas que teñan o dereito de obter unha primeira copia e xa a obtiveran. Ten carácter de escritura pública.

      8. Reprodución exacta dun arquivo ou de parte do mesmo.

      9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode copiar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen copia.

    2. Libro auxiliar de contabilidade que recolle, integramente e de forma ordenada, orixinais ou copias de distintos documentos.

    3. Nome xenérico de cada un dos aparatos ou dispositivos que, mediante distintos procedementos, son capaces de reproducir fielmente un documento, un impreso, un debuxo, etc, sexa nas súas dimensións orixinais ou ben ampliado ou reducido, en branco e negro ou coas cores do orixinal, etc. Os procedementos habituais empregados polas copiadoras son a fotocopia, a diazocopia e a termocopia. Cando a copia do orixinal se obtén por procedementos gráficos fálase de reprografía.

    4. Máquina que copia por medio dun mecanismo hidráulico ou mecánico de reseguimento por contacto, que transmite á ferramenta de corte o perfil exacto da peza ou do modelo que se quere reproducir. A copiadora máis importante en mecánica é o pantógrafo; outras máquinas copiadoras son o torno copiador, a fresa copiadora e a rectificadora copiadora.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Representar unha cousa do mesmo xeito que outra que se toma como modelo.

    2. Reproducir o texto dun escrito.

    3. Escribir o que outro di.

    4. Imitar algo ou o estilo dunha persoa.

    5. Reproducir nun exame o que se mira ás agachadas nun libro, nos apuntamentos, ou no que está a escribir outra persoa.

    6. Duplicar información noutro lugar, deixando sen cambiar o orixinal, ou reproducila desde o documento que se está editando nunha área que o conteña, como o portapapeis, desde a que se poida pegar noutro lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento arqueolóxico situado en San Ángel (México). Trátase dunha necrópole e dun poboado posterior ao ano 500 a C. Entre outras pezas acháronse obxectos de óso e pedra tallada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Piloto que ten por misión asistir ao primeiro piloto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de escultores, orixinaria dos Países Baixos, que estivo activa en Toledo no s XVI. Diego Copín de Holanda (?-1542?), traballou no retablo maior (1500) e no sepulcro dos Reyes Viejos (1507-1509) da catedral toledana. Na porta de Los Leones contou coa axuda do seu fillo Miguel Copín para o entallado das portas.

    VER O DETALLE DO TERMO