Copín
Copín
Familia de escultores, orixinaria dos Países Baixos, que estivo activa en Toledo no s XVI. Diego Copín de Holanda (?-1542?), traballou no retablo maior (1500) e no sepulcro dos Reyes Viejos (1507-1509) da catedral toledana. Na porta de Los Leones contou coa axuda do seu fillo Miguel Copín para o entallado das portas.