"Cox" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 63.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Integración de conceptos xeográficos e ecolóxicos para o estudo das paisaxes ou de rexións naturais dende o punto de vista da súa orixinalidade, cando as características edáficas, climáticas, hidrolóxicas, zoolóxicas e botánicas son únicas sobre a superficie terrestre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama moderna da farmacoloxía que estudia a influencia dos factores xenéticos na resposta dos individuos ás drogas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pigmento carotenoide amarelo que acompaña a clorofila nunha gran variedade de algas, fundamentalmente ás algas pardas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mestura de xelatina e glicerina que se emprega como base en pomadas ou supositorios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Síntese de glucóxeno a partir de glicosa, que se produce pola acción da insulina do páncreas. Ten lugar fundamentalmente no músculo esquelético e no fígado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á glicoxénese.
-
-
Que produce azucre.
-
Polisacárido que se atopa nos tecidos animais, fígado e músculo, especialmente, e en diversas células como substancia de reserva; tamén aparece en levaduras pero nunca en plantas verdes. É un polímero da glicosa, moi ramificado, soluble en auga. É a forma en que os tecidos animais almacenan máis enerxía, por iso cando o animal necesita glicosa, obtena a partir do glicóxeno acumulado; a activación deste débese á adrenalina e ao glucagón, responsables do aumento da glicemia. A diminución da glicemia prodúcea a insulina. Tamén recibe o nome de amidón animal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Degradación metabólica do glicóxeno en glicosa. Ten lugar por medio do enzima glicóxeno-fosforilase, que cataliza a hidrólise dos enlaces 1-4 do glicóxeno, o que xera como produto final moléculas de glicosa-1-fosfato. Nos animais ten lugar no fígado e nos músculos, e actívase por hormonas como o glucagón do páncreas e a adrenalina da médula adrenal, e inhíbese pola insulina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Esfena que está presente en finos agregados no ferro titanado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mecanismo de formación de glícidos a partir de lípidos ou prótidos, en especial cando as reservas en forma de glicóxeno no organismo son insuficientes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xene alterado por causas ou axentes diversos que pode inducir un proceso neoplástico de tipo canceríxeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción ou desenvolvemento de tumores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á oncoxénese.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudo da oncoxénese.
-
-
Relativo ou pertencente ao oncoxene.
-
Que ten a súa orixe nun tumor.
-
oncoxenético.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode producir tumores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénese e formación da psique. É o obxecto da psicoxenia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disciplina que estuda a xénese e formación da psique a partir da observación dos condicionamentos e acontecementos psíquicos cuxo influxo é determinante das formas e manifestacións, normais ou patolóxicas, da persoa, como individuo e como membro dun grupo social. Entre os elementos que atende primordialmente destacan as denominadas situacións psicóxenas, as faltas educativas e os traumatismos emocionais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Artrite crónica da sínfise sacroilíaca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Médico especialista en tocoxinecoloxía.