glicoxenólise

glicoxenólise

(< glicóxeno + -lise)

s f [BIOQ]

Degradación metabólica do glicóxeno en glicosa. Ten lugar por medio do enzima glicóxeno-fosforilase, que cataliza a hidrólise dos enlaces 1-4 do glicóxeno, o que xera como produto final moléculas de glicosa-1-fosfato. Nos animais ten lugar no fígado e nos músculos, e actívase por hormonas como o glucagón do páncreas e a adrenalina da médula adrenal, e inhíbese pola insulina.