glide

glide

(< ingl glide)

s m [LING]

Son que sen ser consoante, a diferenza das vocais, non pode ocupar o núcleo silábico. Pode producirse por unha articulación labial, coronal, dorsal, nasal, faringal ou glotal. O que se articula na cavidade oral adoita recibir o nome de semivocal (como o segmento final de bocoi e comeu).