"DOM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 485.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Etiqueta da adega Vitivinícola do Ribeiro, que foi substituída pola de Amadeus.
-
PERSOEIRO
Prateiro de orixe portuguesa asentado en Galicia. Está documentado que realizou unha cruz para a confraría de santa Eufemia do gremio de zapateiros de Ourense (1567), xunto con Rodrigo Pereira; un cáliz de prata para o mosteiro de Montederramo (1573) e unha cruz e un incensario para o convento de santa Marta de Ribadavia. No seu testamento mandaba que o seu sobriño Juan de Sousa rematase os traballos que estaba realizando: unha cruz de prata para a igrexa de Sejalvo, unha cruz para a igrexa de san Xoán de Río (Tribes) e outra para a igrexa de santa Cristina de Parada (Caldelas).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plantas que, nun país determinado, viven só nunha área altitudinal estreita limitada por un desnivel polo xeral inferior a 1.000 m.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro británico. Dedicouse á construción de pontes e vías para ferrocarrís e proxectou e construíu tres barcos famosos: o Great Western (1838), primeiro barco de vapor que estableceu un servizo regular de travesía do Atlántico, o Great Britain (1845), primeiro transatlántico movido por hélice, e o Great Eastern (1858).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Formado en dereito, serviu no exército español na súa loita contra os franceses (1808-1814). En 1812 exerceu como representante das provincias do vicerreinado de Nueva Granada. Unha vez que se produciu o alzamento das colonias americanas, foi nomeado tenente coronel e formou parte do Consello de Goberno das colonias. Trala Batalla de Boyacá, en 1819, foi nomeado gobernador da provincia de Neiva e deputado do Congreso granadino. Durante a ditadura de Simón Bolívar (1828-1830) foi secretario de Interior e presidente do Consello de Ministros. En 1830, tralo abandono da presidencia por parte de Bolívar, ocupou durante un breve período de tempo este cargo, do que foi apartado en 1831 cando o Congreso elixiu como presidente a Joaquín Mosquera. Volveu ser nomeado gobernador da provincia de Nevia e tres anos antes da súa morte, en 1840, foi vicepresidente da República de Colombia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Comezou a súa actividade ligado ao mundo do teatro, concretamente á compañía Mendizábal-Ros, coa que viaxou por América. Iniciouse no cine en 1934, cun pequeno papel en La hermana San Sulpicio, de Florián Rey. Traballou en Italia e México durante moitos anos, ata que en 1947 regresou a España para interpretar o papel de Sancho Panza na longametraxe Don Quijote de la Mancha. Participou tamén nos filmes Marcelino, pan y vino (1954) e Los jueves, milagro (1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Bacharel en xurisprudencia, foi arquiveiro-bibliotecario na Deputación provincial da Coruña. Membro destacado do movemento cultural compostelán e, en especial, do Liceo de la Juventud, colaborou na prensa galega e dirixiu a publicación La Ilustración de La Coruña. A primeira composición en galego que se lle coñece é “Virxe garrida”, recollida nas Canciones al nacimiento de Nuestro Señor Jesucristo y degollación de los inocentes en el Hospicio de Santiago (1849). Escribiu tamén “O rogo do namorado” (1858), “Os lamentos!” (1861), “Amor sin esperanza” (1864) e a muiñeira “A constansia” (1868).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo, teólogo e poeta. Coñecido como Tommaso Campanella, ingresou aos catorce anos na orde dominicana. Contrario á filosofía aristotélica e influído polas teorías naturalistas de Telesio, defendeu o animismo neoplatónico e o materialismo de Demócrito, polo que foi procesado por herexía e conducido a Roma no 1591. Liberado en 1595, retirouse á súa cidade natal desde onde promoveu unha conxura contra a dominación hispánica en Calabria que tiña como finalidade a de instaurar unha república teocrática. Descuberta a conspiración no 1599, foi torturado e permaneceu preso en Nápoles ata o 1626, despois de ser declarado demente e logo dunha apelación do Papa Urbano VIII. Permaneceu en Roma ata o 1634 por mor dunha nova conspiración en Calabria, dirixida polos seus seguidores, que o obrigou a fuxir a Francia. Instalouse en París, onde recibiu unha pensión do cardeal Richelieu. Durante os anos de prisión escribiu as súas obras principais: Theologia (Teoloxía), Philosophia...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestra e poetisa. Asinou as súas obras como Marica Campo e compaxinou a creación literaria coa faceta de articulista en diversas publicacións como O Libelo, Escrita, Dorna, Artesonado ou Lucensia. Comezou no mundo do teatro coa publicación de O cazador de estrelas e Dous vellos e unha soia soidade, en colaboración con Xosé Manuel Carballo, representadas en 1976 e 1977, respectivamente. Posteriormente, en 1984, publicou a peza de teatro infantil O Premexentes non pode cos paxaros rebezos (ou memorias dun escribano), coa que acadou unha mención de honra do Premio de Teatro O Facho. Deuse a coñecer como poetisa nos anos noventa, aínda que anteriormente escribira composicións lidas en recitais e algunhas delas musicadas. Colaborou co grupo A Quenlla e participou nas gravacións de Fuxan os ventos, musicando temas como Muller, Mencer, Dáme lume, Canción pra adormiñar a lembranza ou Fame,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Autora, actriz e directora teatral. Colaborou coa Asociación Cultural Barriga Verde e co grupo de teatro Achádego. Mestra de profesión, as súas actividades vincúlanse co movemento de profesores de teatro e drama, Joven Teatro Joven, e cunha serie de iniciativas que pretendían unha maior presenza da actividade teatral na escola. Tamén organizou e impartiu cursos de iniciación ao teatro, mostras de teatro infantil e xuvenil e outras actividades relacionadas coa divulgación do feito teatral. Entre 1993 e 1998 coordinou a Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela no campus de Lugo. Dirixiu máis de trinta espectáculos no ámbito do teatro escolar, afeccionado e universitario, con textos de Antonio Buero Vallejo, Miguel de Cervantes, Alejandro Casona, José Luis Alonso de Santos, Plauto ou Thornton Wilder.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico italiano. Estivo ao servizo de Martiño V, Uxío IV e Nicolao V. Nomeado cardeal por Martiño V, exerceu diversas misións diplomáticas. Foi rival de Afonso de Borja no conclave que o fixo papa (Calisto III) en 1455. Fundou o Colexio Capranica, o máis antigo de Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi embaixador de Nápoles en Turín (1754-1764), Londres (1764-1771) e París (1771-1781), onde estivo en contacto cos enciclopedistas. En 1781 converteuse en vicerrei de Sicilia e no ano 1786, en primeiro ministro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cantante e compositor. Coñecido como Teo Cardalda, foi compoñente do grupo Golpes Bajos, xunto con Germán Coppini, na década dos anos oitenta. En 1983 formou o grupo Cómplices con María Monsonís. Colaborou con artistas e compositores de música rock e pop como José María Cano, Antonio Vega, Jaime de Urrutia, David Summers e os irmáns Urquijo. Realizou a banda sonora para a serie Nada es para siempre. En solitario gravou o disco Uno (1997) e entre os seus traballos discográficos co grupo Cómplices destacan Manzanas (1983), Ángeles Desangelados (1989), La Danza de la ciudad (1990), Está llorando el sol (1991), Preguntas y flores (1993), Básico (1994), Cousas de meigas (1999) e Cómplices (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo francés. Profesor de astronomía na Universidade de Boloña, en 1667 chamouno Colbert para ser director do observatorio de París. Entre 1671 e 1684 descubriu catro satélites de Saturno e a división do anel deste planeta que leva o seu nome (división de Cassini). Mediu os períodos de rotación de Marte e Xúpiter. Estudiou, tamén, o movemento dos satélites de Xúpiter e publicou unhas táboas aplicables á navegación. Determinou a paralaxe solar e foi o primeiro en considerar cientificamente o fenómeno da luz zodiacal. Publicou Opera astronomica (Obra astronómica, 1666).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Coñecido como Pepe Castaño, presentou varios programas en TVE. Colaborador habitual da revista Hola e locutor de radio da Cadena Ser no programa Carrusel Deportivo, publicou o libro Andadura. Entre os premios recibidos figuran o Premio Ondas, en 1975, o Premio Guacaipuro polo programa 300 millones de TVE, e o nomeamento como Fillo Adoptivo da vila de Padrón.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á familia dos cecidómidos.
-
Insecto da familia dos cecidómidos.
-
Familia de dípteros nematóceros que comprende individuos de pequenas dimensións (de 1 a 5 mm) coa cabeza reducida, globular e lixeiramente aplanada. O aparato bucal é zugador. A familia comprende unhas 6.000 especies, moitas delas produtoras de cecidios.
-
-
PERSOEIRO
Cerralleiro. Realizou baixo o padroado do arcebispo Fonseca as reixas da capela do Sacramento ou do Rei de Francia na catedral de Santiago de Compostela, nas que introduciu o estilo renacentista. En Toledo realizou as reixas da capela dos reis novos, do coro, da capela maior e dos púlpitos da catedral.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar galego. Emigrou a Arxentina, onde ingresou no exército en 1741. Participou no ataque ás trincheiras de Villafranca, na toma do castelo de Montalbán, na Batalla de Nuestra Señora del Olmo, no sitio de Cuni e na defensa de Río Grande de San Pedro (1767). En 1768 trasladouse coa gornición militar española de Bos Aires ás Malvinas, onde foi gobernador interino dende 1773 ata 1774.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sindicalista boliviana. Membro dun grupo de indios dos Andes bolivianos, denunciou a situación da clase obreira do seu país. Participou en 1975 na Tribuna do Ano Internacional da Muller organizada pola ONU. Os seus discursos recolléronse nos volumes Si me permiten hablar... Domitila, una mujer en las minas de Bolivia (1977) e Aquí también Domitila! (1985).
VER O DETALLE DO TERMO