Brais, Domingo

Brais, Domingo

Prateiro de orixe portuguesa asentado en Galicia. Está documentado que realizou unha cruz para a confraría de santa Eufemia do gremio de zapateiros de Ourense (1567), xunto con Rodrigo Pereira; un cáliz de prata para o mosteiro de Montederramo (1573) e unha cruz e un incensario para o convento de santa Marta de Ribadavia. No seu testamento mandaba que o seu sobriño Juan de Sousa rematase os traballos que estaba realizando: unha cruz de prata para a igrexa de Sejalvo, unha cruz para a igrexa de san Xoán de Río (Tribes) e outra para a igrexa de santa Cristina de Parada (Caldelas).