"DZ" (Contén)
Mostrando 19 resultados de 59.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Taxikistán (26.100 km2; 1.635.900 [estim 1991]). A súa capital é Khodzhent (161. 500 h [estim 1991]).
-
PERSOEIRO
Bailarín e coreógrafo ruso. Coñecido como George Balanchine, cada unha das súas coreografías realizábase harmoniosamente en estreita relación coa música. Actuou no Ballet de D’aghilev e no Ballet Ruso de Montecarlo, e en 1934 instalouse en Nova York. Fundou a School of American Ballet e o New York City Ballet (1948). Das súas coreografías, de estilo neoclásico, destacan The Nutcracker (1954) e Don Quixote (1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
CORDILLEIRAS
Cordilleira do O de Kazakhstán que se estende de N a S constituíndo unha prolongación meridional dos Urais. Nela nacen os ríos Emba e Or’ e os afluentes pola dereita do Irgiz.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do arquipélago de Comores, situada no Océano Índico (424 km2; 192.667 h [1990]). A súa capital é Montsamoudou.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta persa. Iniciouse na mística sufí e foi protexido de diversos príncipes. Da súa produción destacan cinco célebres matnawī e o conxunto de narracións novelescas Sete ídolos (1188).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Canal de Holanda Setentrional, Países Baixos, que en dirección O-L comunica Ijmuiden, sobre o mar do Norte, con Amsterdam e con Ijsselmeer. Foi construído entre 1865 e 1876, e ten unha lonxitude de 27 km.
-
PERSOEIRO
Escritor e músico. Na súa obra alternou o ton melancólico cunha crítica satírica da sociedade contemporánea. Aproveitou a súa faceta de cantautor para poñer música ás súas creacións poéticas, das que destacan Lirika (1956) e Ostrova (Illas, 1959). Tamén publicou a novela autobiográfica Bud zdorov, skoljar (Boa sorte, alumno, 1963), a novela histórica Bednyj Avrosimov (O pobre Avrosimov, 1969) e Mersi, ili pochoždenija Sipova (Grazas, ou a aventura de Sipou, 1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que foi coñecida Vladikavkaz entre 1930-1944 e entre 1954-1990.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Plovdiv, Bulgaria, situada no val do río Marica (79.476 h [2001]). A súa economía baséase nas industrias conserveiras, téxtiles, do metal e da madeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de solo de perfil ABC, moi ácido, con humus de tipo mor, que ocupan grandes extensións nas rexións frías e húmidas. Os dous tipos máis característicos son os podzois férricos, formados en bosques de coníferas e en condicións moi húmidas; e os podzois húmicos, desenvolvidos en uceiras e en condicións de humidade baixa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao podzol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de formación dun podzol, que consiste na alteración química das arxilas por acción dun humus cru moi ácido, que se ve favorecida por un clima frío e chuvioso, unha vexetación de uces ou coníferas, unha rocha nai rica en cuarzo, pobre en materiais alterables e sen calcarias, e cunha situación topográfica chá.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe nobre polaca orixinaria de Lituania, que parece partir de Syrpuc , príncipe de Kiernow (1280). O seu descendente, Radvila (?-1477), recibiu o nome de Radziwi éé Ostikowicz en Polonia. O seu neto Mikolaj Radziwi éé (?-1509) foi paladín de Vilnius e conselleiro de Lituania, cuxos fillos fundaron as tres grandes ramas da liñaxe. A liña de Goniądz e Medele iniciouna Mikolaj Radziwi éé (?-1521), quen sucedeu o seu pai en ambos cargos e recibiu o título de príncipe do Sacro Imperio Romano-Xermánico (1515). Esta rama extinguiuse cos seus fillos en 1546. A liña de Nieśwież, Oéyka, Kleck e Szydéowiec iniciouna Jan Mikolaj Radziwi éé (1470-1522), pai de Mikolaj Radziwi éé o Negro (1515-1565), mariscal de Lituania (1544), chanceler (1550) e paladín de Vilnius (1551), príncipe do Sacro Imperio Romano-Xermánico (1547), duque de...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Solo de perfil AC, formado sobre rocha calcaria. O horizonte, rico en humus, presenta fragmentos dispersos de calcario. É de cor gris escura ou castaña escura e ten unha estrutura graúda e compacta. Reteñen pouca auga, polo que manteñen unicamente unha vexetación de prado seco ou de mato.
-
PERSOEIRO
Político ruso. Presidiu a derradeira Duma (1911-1917) e, ao producirse a Revolución de Febreiro de 1917, buscou a abdicación do tsar e un pacto cos socialistas. O triunfo bolchevique fíxoo fuxir a Serbia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar polaco. Loitou na Primeira Guerra Mundial e contra a invasión soviética (1919-1920). Inspector xeral do exército (1935) e mariscal (1936), en 1939 foi nomeado xefe das forzas polacas, derrotadas polos alemáns e soviéticos en setembro dese mesmo ano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político xeorxiano. Membro do PCUS (1948), foi primeiro secretario do Komsomol (1957-1961) e do partido comunista en Georgia (1972) e ministro de Asuntos Estranxeiros (1985-1990). Foi xefe de estado de Xeorxia (1992-2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de boiardos moldavos que tivo un papel importante na vida política e cultural romanesa dos ss XIX e XX. Dos seus membros, documentados no s XV, destacaron Ior Sandu Sturdza (?-1842), que foi hospodar de Moldavia, co nome de Xoán (1822-1828); Mihail Sturdza (Iaşi 1795-París 1884) hospodar de Moldavia, co nome de Miguel (1834-1849); e Dimitri Alexandru Sturdza (Miclăuseni 1833-Bucarest 1914) foi ministro de Obras Públicas, de Finanzas, de Asuntos Estranxeiros e de Instrución, e cinco veces xefe do goberno entre 1895 e 1909.
-
RIOS
Río da península balcánica, afluente do Marica pola esquerda (329 km). Nace nos Balcáns centrais, na vertente meridional do Botev (Bulgaria), discorre en dirección L e despois cara ao S, entra en territorio turco e desauga no Marica en Edirne.
VER O DETALLE DO TERMO