Tundža
Tundža
Río da península balcánica, afluente do Marica pola esquerda (329 km). Nace nos Balcáns centrais, na vertente meridional do Botev (Bulgaria), discorre en dirección L e despois cara ao S, entra en territorio turco e desauga no Marica en Edirne.