"Dali" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 51.

  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, situado ao pé da serra de Guadarrama e regado polo río Guadalix (6.521 h [2001]). Centro industrial e residencial, destacan as augas medicinais da Fuente de Pilacón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calzado lixeiro que se compón dunha ou varias tiras de coiro ou doutro material, que o suxeitan ao pé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato alumínico de sodio con cloro, de fórmula Na8(AlSiO4)6 Cl2. Cristaliza no sistema cúbico, en pequenos cristais rombododecaédricos, pero tamén en masas granulares. É de cor azul, branca ou rosa, e ten unha densidade de 2,3 e unha dureza de 5,5-6.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación secreta romana, fundada por Umberto Benigni en 1909 e posta baixo a advocación de San Pío V, que reunía persoas e grupos autodenominados integralmente católicos, con vista a recoller información sobre a ortodoxia e a disciplina de católicos sospeitosos de modernismo. O seu fundador foi expulsado da secretaría de estado polo cardeal Merry del Val, e a asociación pasou a depender da Congregación Consistorial (1911). Autodisolveuse en 1914, á morte de Pío X. Restablecida en 1915, foi definitivamente suprimida por Benedito XV en 1921.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas anuais, da familia das brasicáceas, con follas pinnatífidas, flores brancas e froitos en silicua. En Galicia florece en abril e xuño a especie T. nudicaulis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de esterilización fraccionada intermitente que ten a vantaxe de non superar a temperatura de 100°C, o que evita que moitas moléculas orgánicas se alteren.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor e pianista, curmán de Marcial del Adalid. Formado en Londres con I. Moscheles, viaxou por Europa e estableceu amizade con Chopin, Liszt e Rossini. Das súas composicións destacan Seven Waltzes for the Piano Forte, Bagatela campestre e Tres bagatelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Cantabria, situado na cordilleira Cantábrica e regado polo río Escudo (2.495 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao vandalismo.

    2. Relativo ou pertencente aos vándalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia a destruír por gusto perverso, ignorancia ou ostentación de forza, as obras da civilización ou aquilo que pertence ao dominio artístico, científico ou sagrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. Militante comunista, foi axente do Komintern en EE UU (1923-1927). Na Guerra Civil Española foi asesor militar das milicias comunistas e comisario político do Quinto Regimiento, e empregou o nome de Carlos Contreras. Foi acusado de ser o responsable do asasinato de Andreu Nin (1937). Foi deputado (1958-1963) e senador (1963-1968) polo Partito Comunista Italiano. Publicou La Quinta Columna. Cómo luchar contra la provocación y el espionaje (1937).

    VER O DETALLE DO TERMO