Sodalitium Pianum
Sodalitium Pianum
Asociación secreta romana, fundada por Umberto Benigni en 1909 e posta baixo a advocación de San Pío V, que reunía persoas e grupos autodenominados integralmente católicos, con vista a recoller información sobre a ortodoxia e a disciplina de católicos sospeitosos de modernismo. O seu fundador foi expulsado da secretaría de estado polo cardeal Merry del Val, e a asociación pasou a depender da Congregación Consistorial (1911). Autodisolveuse en 1914, á morte de Pío X. Restablecida en 1915, foi definitivamente suprimida por Benedito XV en 1921.