Soddy, Frederick

Soddy, Frederick

Físico e químico inglés. Estudou na University College de Gales e na Oxford University. Traballou con E. Rutherford na McGill University de Montréal (1900), con W. Ramsay na Universy College de Londres (1902), na University de Aberdeen (1914) e na Oxford University (1919-1936). Xunto con E.Rutherford estudou a desintegración atómica dos elementos radioactivos, con W. Ramsay investigou a transformación do radio en helio mediante a espectroscopia e propuxo o concepto de isótopos. Escribiu Radioactivity, Chemistry of the Radioactive Elements e The Story of Atomic Energy (1949). En 1921 recibiu o Premio Nobel de Química polas súas investigacións sobre as substancias radioactivas.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Eastbourne, Sussex

  • Deceso

    Lugar : Brighton, Sussex