Vidali, Vittorio
Vidali, Vittorio
Político italiano. Militante comunista, foi axente do Komintern en EE UU (1923-1927). Na Guerra Civil Española foi asesor militar das milicias comunistas e comisario político do Quinto Regimiento, e empregou o nome de Carlos Contreras. Foi acusado de ser o responsable do asasinato de Andreu Nin (1937). Foi deputado (1958-1963) e senador (1963-1968) polo Partito Comunista Italiano. Publicou La Quinta Columna. Cómo luchar contra la provocación y el espionaje (1937).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Muggia, Trieste -
Deceso
Lugar : Trieste