"De Vigo" (Contén)
Mostrando 14 resultados de 54.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de arte contemporánea situado no antigo edificio dos xulgados e do cárcere de Vigo, inaugurado en 2002. Mostra obras nacionais e internacionais, e acompaña o seu labor de exposición con traballos de investigación, así como coa organización de congresos e seminarios, celebrados nas súas instalacións. As súas liñas expositivas diríxense á presentación de mostras pluridisciplinais de arte actual, revisións históricas e mostras de novos artistas. Está integrado na Alianza Estratégica de Museos e a súa sede foi declarada Ben de Interese Cultural en 1991.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo fundado en 1999 pola Fundación Celta de Vigo para achegar ao público deportista o mundo da arte e da cultura. Xurdiu do éxito da exposición “In corpore Sano…75 anos de Arte e Deporte en Galicia”, comisariada por Román Pereiro, que reuniu os artistas galegos máis sobranceiros do s XX, como Arturo Souto, Maruja e Cristina Mallo, Antón Patiño, Menchu Lamas, Leiro, Andrés Pinal e Alberto Barreiro, que nalgunha das súas obras tocaron a temática deportiva. Realiza exposicións temporais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Vigo (Cambre). Ten unha planta formada pola unión de dous corpos rectangulares, anexionados polo lado maior e desprazados. No lado máis pequeno sitúase unha torre de baixo e dous pisos, mentres que o resto do edificio só ten unha planta. Os muros están recebados, a excepción dos ocos, que están encintados en cantaría. Na fachada destaca un escudo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Vigo a partir de 1889. Fundado por Xaime Solá, tratouse dunha publicación de tendencia católica. Os seus predecesores foron Diario de Vigo e El Independiente para, a partir de 1903, ser substituído por El Noticiero.
-
SEMANARIOS
Semanario que se publicou en Madrid a partir de maio de 1879. Editado pola Sociedad Periodística Española, pertenceu a unha serie de xornais locais editados en Madrid e distribuídos nas cidades e comarcas que lles daban nome. Neste sistema de xornalismo en serie primaba a información nacional xeral, que ía acompañada dunha información local tardía e moi concisa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Club fundado o 23 de agosto de 1923 pola fusión do Real Vigo Sporting e o Fortuna. Viste camiseta e medias azul celeste e pantalón branco, e xoga os seus partidos como local no Estadio Municipal de Balaídos. O seu primeiro partido disputouno contra o Boavista no campo de Coia. Despois de disputar varios campionatos galegos, debutou en Primeira División na tempada 1936-1937, e destacan as súas campañas entre finais da década de 1940 e principios de 1950, especialmente na tempada 1947-1948, en que obtivo o seu mellor posto (4º) na máxima categoría. Entre as décadas de 1960 e 1980 converteuse nun equipo moi irregular e xogou principalmente na Segunda División. Posteriormente, na década de 1990, obtivo algúns dos éxitos máis importantes da súa historia, sobre todo na Primeira División da Liga española. Xogou 41 tempadas en Primeira División, foi finalista da Copa do Rei en 3 ocasións (1948, 1994 e 2001), participou na Copa da UEFA e na Copa de Europa (2003-2004), e conseguiu diversos campionatos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade deportiva constituída o 17 de abril de 1906 por iniciativa do comandante de mariña José Ruiz Rivera, que tivo como primeiro presidente a Antonio Conde e como presidente de honra ao Rei Afonso XIII. Conta con seccións deportivas federais de remo, vela, natación, pesca, subacuáticas e de tenis de mesa. Organiza, desde 1972, o Campeonato de España de Pesca a la Cacea e, desde 1975, o Concurso Internacional de Pesca del Tiburón. Ademais das súas instalacións deportivas para o amarre de embarcacións e o seu edificio social, inaugurado en 1945, conta cunha piscina climatizada (1967) en que se adestra un equipo propio de natación, co que conseguiu diferentes medallas en campionatos galegos e nacionais, e o Club Los Abetos, adquirido en 1987.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización xurdida en 1931 da conversión da sección pesqueira do Sindicato General de Trabajadores de Vigo en sindicato. Integrou as seccións de palangreiros do Berbés, parellas de Bouzas, empacadores, estibadores, patróns, maquinistas e mariñeiros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización fundada en 1922 en Vigo como unificación das diversas sociedades obreiras ligadas á CNT da cidade. Contaba con seccións de serradores, carboeiros, pesca e transporte marítimo. Reorganizáronse a comezos de 1930, e incorporáronse novos oficios, moitos dos cales se converteron en sindicatos únicos ou de industria. En 1932 transformouse nunha Federación Local de Sindicatos Únicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación de armadores de buques de arrastre, as parellas, constituída no porto de Bouzas (Vigo) en 1899. Promoveu un lock-out que amarrou a frota de arrastreiros por máis de tres meses, a fins de 1932. Continuou a funcionar durante a Guerra Civil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación de armadores de pesca do palangre que actuou en Vigo durante a década de 1930. Mediou na conflitividade xurdida nos anos 1931 e 1932, cando a consecuencia do crack de Nova York (1929) se depreciou a sardiña e houbo enfrontamentos laborais entre mariñeiros e patronal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación musical creada en Vigo en 1915 no seo da sociedade La Tertulia. En 1918 independizouse e formou unha directiva propia. O seu obxectivo é organizar concertos e impulsar o desenvolvemento musical. Como sede empregou distintos auditorios da cidade e organizou concertos de solistas e grupos de sona internacional como Pau Casals, Arthur Rubinstein, Elly Amelling, a Orquestra de Cámara de Berlín, a Orquestra de Cámara de Praga ou a Orquestra Sinfónica de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución universitaria creada en Vigo pola Lei 11/1989, de 20 de xullo, de Ordenación do Sistema Universitario de Galicia (LOSUGA). Un dos antecedentes da Universidade de Vigo foi a constitución do Colexio Universitario de Vigo (CUVI), amparada mediante decreto en outubro de 1972. En 1980 firmouse o convenio de integración do CUVI na Universidade de Santiago de Compostela e, en 1982, tivo lugar a entrega oficial. A Universidade de Vigo pasou a ter titulacións completas e outras de nova creación en exclusiva para toda Galicia, como Enxeñaría Técnica de Telecomunicacións. Está estruturada nos campus de Vigo (central), Ourense e Pontevedra. A finais de 2003 inaugurouse a Cidade Universitaria de Lagoas-Marcosende (na parroquia viguesa de Zamáns), que supuxo a mellora das instalacións e a creación de novos espazos educativos, deportivos e de ocio. O primeiro reitor da Universidade de Vigo foi Luis Espada Recarey (1989-1994).