"Dena" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 98.
-
-
-
Cada unha das dúas ou máis magnitudes que determinan a posición dun elemento espacial, como por exemplo un punto ou un plano.
-
sistema de coordenadas
Nun certo dominio X, conxunto de funcións nas que un punto está determinado polos seus valores, de maneira que, mediante un sistema de coordenadas, cada punto se define por un conxunto de números, que son as coordenadas do punto. No plano, un sistema de coordenadas lineal consta de dous eixes e un punto, chamado orixe de coordenadas, situado na súa intersección. Se os eixes son perpendiculares, as coordenadas son rectangulares ou cartesianas. Se os eixes son oblicuos, as coordenadas son oblicuas. Tamén se define no plano o sistema de coordenadas polares, dado polas funcións radio vector (r), que é a distancia da orixe, e argumento ou ángulo polar (ϑ), que é o ángulo respecto a unha dirección prefixada. Un sistema semellante é o de coordenadas bipolares. De forma análoga considéranse, no espacio tridimensional, sistemas lineais de coordenadas cartesianas e sistemas non lineais, como o de coordenadas cilíndricas...
-
-
Parámetros que determinan a posición dun astro na esfera celeste. Cómpren dous parámetros angulares para situar sobre esta esfera calquera astro; cada sistema de coordenadas determínase por un eixe fundamental e por un círculo máximo, chamado círculo fundamental, que vén dado pola intersección da esfera celeste cun plano perpendicular ao eixe fundamental. Unha das coordenadas mídese sobre o círculo fundamental, e a outra sobre o círculo máximo, coñecido como auxiliar, que pasa polo astro e polas interseccións da esfera celeste co eixe. Cando os arcos do círculo se miden no sentido contrario ao das agullas dun reloxo, o sentido de medida chámase directo, e retrógrado no caso contrario. Os sistemas de coordenadas celestes pódense clasificar en dous grupos. No primeiro, unha das coordenadas ou as dúas refírense a direccións ou planos que dependen do lugar de observación (sistemas locais). No outro grupo inclúense os sistemas de coordenadas...
-
Coordenadas, xeralmente non cartesianas, que, en número igual ao de graos de liberdade dun sistema mecánico, se escollen para simplificar a forma das súas ecuacións dinámicas. Definen a configuración do sistema, é dicir, son as coordenadas do espazo de configuración.
-
Parámetros que determinan a posición dun punto na superficie terrestre, segundo a lonxitude e a latitude. As liñas de referencia son dous círculos máximos: o Ecuador e un meridiano inicial, adoptado por convenio, que xeralmente é o que pasa polo observatorio de Greenwich, en Londres (Meridiano de Greenwich). Ata mediados do s XX foi práctica común que en cada un dos países se empregase un meridiano local (na cartografía española foi o de Madrid). Deste xeito, a lonxitude dun punto P da superficie terrestre, é a distancia angular (medida de 0° a 180°) dun arco paralelo ao Ecuador trazado dende ese punto ata o meridiano de referencia; así mesmo, a latitude é a distancia angular, medida seguindo un arco de meridiano (de 0° a 90°), que hai entre o punto P e o Ecuador. Nos novos sistemas, que teñen en conta o aplanamento da Terra, defínese a latitude como o ángulo entre a vertical á elipsoide terrestre trazada polo punto e o plano do Ecuador, e consérvase a definición...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista bilingüe fundada en 1979 en Santiago de Compostela por Bernardo París, coa colaboración dun grupo de estudiantes universitarios. Subtitulada como “Revista Universitaria de Cultura”, contaba cun consello de redacción formado por Víctor Ferreira, Juan R. Marticorena, Rafael Martínez, Marcelino de Santiago Kukas, A. Manuel Chaves e polo seu propio fundador, que exercía tamén como director. O obxectivo desta publicación é crear unha canle de comunicación en favor da cultura e da ciencia, á parte de fomentar a investigación e o debate no seo da universidade, tomando como referencia a realidade de Galicia. Entre algúns dos seus colaboradores destacan Méndez Ferrín, Paz Andrade, Uxío Novoneyra, Fernández del Riego, Carlos Casares, Miguel Cancio, Carlos Baliñas, Álvaro Cunqueiro, X. M. Beiras e Antonio Odriozola. Á parte da revista, editáronse unha serie de números extraordinarios titulados Poesía galega actual (1981), Cómix e ilustración en Galicia (1982), no...
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Meaño baixo a advocación de santa Eulalia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Darse de conta de algo ao reparar con atención.
-
Dar de si un tecido.
-
Ceder á forza.
-
-
-
Moeda romana de prata cuñada probablemente a partir do ano 268 a C. Inicialmente equivalía a 10 ases e pesaba uns 4,54 g, pero no 145 a C dividiuse en 16 ases. No Alto Imperio perdeu peso e quedou en 3,9 g, e durante o Baixo Imperio reduciuse a súa proporción de prata. O tipo inicial levaba a cabeza de Minerva e o numeral X no anverso e, no reverso, os Dióscuros a cabalo coa lenda ROMA. A tipoloxía, sen embargo, variou moito ao longo dos séculos. Así, durante o Imperio os denarios levaban xeralmente o busto do emperador. Na Península Ibérica, as tribos ibéricas cuñaron denarios de prata de patrón romano nos ss II e I a C.
-
Moeda romana de ouro do mesmo peso ca o denario de prata e cun valor de 10 destes, equivalía a 1/2 aúreo ou ao quinario. Está nas series consulares e imperiais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que merece ser desdeñado.
-
-
Tratar ou mostrar desdén cara a alguén ou a algo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Quen comeza a desdeñar, ese quere comprar”.
-
Non ter en conta algo por consideralo de pouca importancia.
-
-
-
de desordenar ou desordenarse.
-
Que denota ou implica desorde.
-
Que vive fóra das regras ou da organización social.
-
-
-
Poñer unha cousa en desorde.
-
Deixar unha cousa de estar en orde.
-
Non seguir as regras establecidas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao duodeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
duodecimal.
-
PERSOEIRO
Bailarín e coreógrafo. Coñecido como Antonio Gades e dedicado ao baile flamenco, ingresou na compañía de Pilar López a comezos dos anos cincuenta e chegou a ser o seu primeiro bailarín. No seu estilo fusiónanse a herdanza expresionista do ballet europeo con elementos cultos e populares. Tras deixar a compañía de Pilar López, traballou en Italia como bailarín e coreógrafo no Teatro da Ópera de Roma, no Festival de Spoleto e na Scala de Milán. Na década dos setenta estreou coa súa compañía en Roma Bodas de sangre, obra que o consagrou internacionalmente. En 1994 estreou en Italia Fuenteovejuna, baseada na obra de Lope de Vega e gañadora do Premio de Dirección Coreográfica de la Asociación de Directores de Escena (ADE). Foi director do Ballet Nacional Español (1978-1980) e, ao deixar o cargo, creou xunto cos compoñentes do Ballet o Grupo Independiente de Artistas de la Danza (GIAD). Dos seus espectáculos destacan Carmen, Fuego, Bodas de sangre...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Úlcera maligna.
-
GALICIA
Artista plástica. Licenciouse en Belas Artes na especialidade de pintura pola Universidade de Vigo (1995), da que é profesora. O seu traballo incidiu na relación tecido-texto que, desde 1995, respondeu ao seu sentido etimolóxico en tecidos epidérmicos que se sedimentaban sobre textos e grafías, formando unha pel-pintura de transparencias e, dende o 2001, baseouse na orixe histórica, na que o texto-tecido é un fío que contrae tramas e deixa de ser un recurso para converterse no tema. Dende 1994 realizou exposicións individuais e participou en numerosas mostras colectivas. Recibiu, entre outros galardóns, a bolsa de Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1994), o XVI Premio de Pintura L’Oreal (2002) e a bolsa Pollock-Krassner Foundation de Nova York (2002). A súa obra está presente nas coleccións Caixanova, Museo de Pontevedra, concello de Hondarribia e na Colección L’Oreal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Modena e de Reggio (1629-1658) e de Correggio, fillo do duque Afonso III e de Isabel de Savoia. De nome Francesco I d’Este, apoiou a política da coroa hispánica no Mediterráneo e obtivo de Filipe IV o ducado de Correggio (1635). Desde 1647 aliouse co monarca francés que o converteu en xeneralísimo dos exércitos franceses en Italia, cos que, entre 1656 e 1658, devastou o Milanesado e a rexión de Mantua.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Modena e de Reggio (1662-1694), fillo do duque Afonso IV. De nome Francesco II d’Este, durante o seu reinado os seus territorios estiveron baixo a autoridade da súa nai, Laura Martinozzi. Foi o restaurador da Universitá de Modena e do reordenamento da Biblioteca Estense.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Modena e de Reggio (1737-1780), fillo do duque Renato I. De nome Francesco III d’Este, dirixiu os exércitos españois en Italia durante a Guerra de Sucesión austríaca, pero tralas derrotas españolas en Camposanto (1742) e Piacenza (1745), aliouse con Austria e obtivo o cargo de gobernador de Lombardia. Mecenas das artes e das letras, protexeu a S. Muratori e a G. Tiraboschi.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Módena e Reggio (1814-1846) e arquiduque de Austria-Este, fillo do arquiduque Fernando e de María Beatriz, duquesa de Modena. De nome Francisco de Lorena-Habsburgo, ocupou o trono en Módena e tentou, sen éxito, proclamarse rei de Italia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Modena e de Reggio (1846-1859), fillo de Francisco IV. De nome Francisco de Lorena-Habsburgo, en 1848 foi obrigado a abandonar os ducados, pero foi restituído polos austríacos pouco tempo despois. Expulsado en 1859, os seus estados foron anexionados polo Piemonte e retirouse a Viena.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Dinamarca (158 km). Nace no amt de Viborg e desemboca polo Randers Fjord na baía de Ålborg, no Kattegat.
VER O DETALLE DO TERMO