Esteve Ródenas, Antonio
Bailarín e coreógrafo. Coñecido como Antonio Gades e dedicado ao baile flamenco, ingresou na compañía de Pilar López a comezos dos anos cincuenta e chegou a ser o seu primeiro bailarín. No seu estilo fusiónanse a herdanza expresionista do ballet europeo con elementos cultos e populares. Tras deixar a compañía de Pilar López, traballou en Italia como bailarín e coreógrafo no Teatro da Ópera de Roma, no Festival de Spoleto e na Scala de Milán. Na década dos setenta estreou coa súa compañía en Roma Bodas de sangre, obra que o consagrou internacionalmente. En 1994 estreou en Italia Fuenteovejuna, baseada na obra de Lope de Vega e gañadora do Premio de Dirección Coreográfica de la Asociación de Directores de Escena (ADE). Foi director do Ballet Nacional Español (1978-1980) e, ao deixar o cargo, creou xunto cos compoñentes do Ballet o Grupo Independiente de Artistas de la Danza (GIAD). Dos seus espectáculos destacan Carmen, Fuego, Bodas de sangre e El amor brujo. Interveu en diversos filmes, como Los Tarantos, Con el viento solano, El amor brujo, Fortunata y Jacinta, Los días del pasado, Con el culo al aire, Bodas de sangre e Carmen. Entre outros galardóns recibiu o Premio Nacional de Danza (1988), o Galardón Calle de Alcalá (2002) e o Premio Internacional de las Artes Escénicas de Castilla-La Mancha Corral de Almagro (2002).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Elda, Alt Vinalopó