"Deo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 204.

    1. Acción e efecto de caldear ou caldearse.

    2. Medios que unha persoa emprega para gorecerse do frío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de pesca diúrna na que se utiliza como cebo a raba.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Caldea ou aos caldeos.

      2. Individuo do pobo semita dos caldeos.

      3. Pobo semita establecido en Mesopotamia a partir do s IX a C. Habitaron na antiga Sumer e organizáronse en clans cun xefe que nalgunhas ocasións asumía a hexemonía. Constituíron a base do alzamento babilónico contra a dominación asiria, coa dinastía chamada caldea ou neobabilónica que se estableceu a partir do 625 a C con Nabopolasar. Sobreviviu ao Imperio Asirio e durou ata o 539 a C.

      4. Nome antigo do arameo que se substituíu polo actual acadio. No s XIX este termo designaba a lingua cuneiforme e despois foi substituído por outros de acordo coas épocas ou rexións, como sumerio, asirio e babilónico.

      1. Igrexa cristiá siríaca oriental, chamada tamén asiria ou nestoriana, formada polos cristiáns do antigo imperio parto-sasánida. O termo aplícase máis en concreto ás comunidades desta igrexa que se uniron a Roma a partir do s XVI, que están agrupadas desde 1830 baixo o patriarcado de Babilonia dos Caldeos.

      2. Membro da igrexa caldea.

      1. Rito siríaco oriental practicado pola rama católica. De orixe antíoca, tivo como centro principal Edesa. Estendeuse a través da Igrexa Caldea por Mesopotamia e Persia, chegando ata China e India, lugares onde aínda subsiste. De todos os ritos orientais é o que conserva un carácter máis simple e arcaico, así como un carisma fundamentalmente bíblico.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político absolutista. Iniciou a súa andaina política con Manuel Godoy e baixo a protección de Lardizábal, do que foi secretario. Ao entrar os Cen Mil Fillos de San Luís (1823) na Península, foi nomeado secretario da rexencia absolutista e ministro de Gracia e Xustiza (1823-1832). Trala morte de Fernando VII exiliouse, despois de apoiar a sucesión ao trono de Carlos María Isidro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. BOT Inflorescencia pendurante e pouco vistosa de plantas de polinización principalmente anemófila, como o castiñeiro ou o millo

    2. Res vacúa ou cabalar grande, fraca e mal formada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos caraboideos.

    2. Insecto da superfamilia dos caraboideos.

    3. Superfamilia de coleópteros da suborde dos adéfagos que comprende as familias dos carábidos, cicindélidos, ditíscidos, halíplidos, higróbidos, risódidos e xirínidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Valdeorras, situado na provincia de Ourense na fronteira oriental da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Puente de Domingo Flórez (O Bierzo) e de Rubiá (Valdeorras), ao L co concello de Benuza (O Bierzo) e Encinedo (La Cabrera), ao S cos concellos de Porto (A Sanabria) e A Veiga (Valdeorras), e ao O coa Veiga e O Barco de Valdeorra (Valdeorras). Abrangue unha superficie de 222,7 km 2 cunha poboación de 1.947 h (2007), distribuídos entre as parroquias de Candeda, Carballeda, Casaio, Casoio, Domiz, Lardeira, A Portela do Trigal, Pumares, Pusmazán, Riodolas, Robledo, San Xusto, Santa Cruz, Sobradelo, Soutadoiro, Vila e Viladequinta. A capital municipal é o lugar de Sobradelo, na parroquia de Sobradelo, situado a 42° 22’ 7’’ de latitude N e 6° 52’ 5’’ de lonxitude O, 212 km ao SL da capital de Galicia, Santiago de Compostela, e 129 km ao NL de Ourense. Está adscrito ao partido xudicial do Barco de Valdeorras e á diocese de Astorga.
    Xeografía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae como armas, en campo de goles, un cardo ao natural, coas súas alcachofas, arrimado de dúas flores de lis de sable; bordo de ouro, con cinco flores de lis de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos carideos.

    2. Crustáceo decápodo da sección dos carideos.

    3. Sección de crustáceos decápodos que se caracterizan por presentar a pleura do segundo segmento abdominal superposta á do primeiro. Comprende os xéneros Crangon, Palaemon e Palaemonetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á carótide.

    2. Barorreceptor que, unido ao plexo carotídeo e situado na bifurcación da carótide primitiva, intervén na regulación da presión arterial.

    3. Pequena dilatación da arteria carótide primitiva, localizada no punto onde esta se ramifica. Contén barorreceptores e regula a presión sanguínea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de carrandear ou carrandearse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Torre defensiva medieval situada sobre un outeiro no que se asentou un poboado castrexo. A fortificación, da que só se conservan partes dos muros de cachotería nun estado semirruinoso, foi unha fundación de reguengo do s XII que despois deu lugar ao núcleo urbano primitivo da vila do Barco de Valdeorras. A súa xurisdición estivo en mans dos principais señores da comarca ata que, no s XV, os condes de Ribadavia a recibiron como unha doazón dos Reis Católicos. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Barco de Valdeorras baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ceboideos.

    2. Primate pertencente á superfamilia dos ceboideos.

    3. Superfamilia de primates pertencente á suborde dos antropoideos que presenta un septo nasal plano e ancho, o polgar non opoñible ao resto dos dedos, a cola prénsil e unha distribución americana. Pertencen a esta superfamilia o mono capuchino, o mono araña e o mono ouveador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ao encéfalo e á columna vertebral.

    2. Líquido incoloro situado no espacio subaracnoidal, nos ventrículos cerebrais e na epéndima. Fórmase mediante un proceso de ultrafiltración e segregación activa, nos plexos coroidais dos ventrículos laterais e do cuarto ventrículo, e nos vasos do espazo subaracnoidal. A súa circulación intercálase entre a arterial e a venosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cercopitecoideos.

    2. Mono da superfamilia dos cercopitecoideos.

    3. Superfamilia de monos, propios do continente americano, de orificios nasais próximos, colas non prénsiles que poden opor o polgar ao resto dos dedos. Pertencen a esta superfamilia o mandril, o macaco e o narigudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Educador e filósofo mexicano. Foi profesor de historia xeral e patria, psicoloxía, moral, xeografía e lóxica na Escuela Nacional Preparatoria. Preocupado pola educación, reorganizou o ensino primario e a preparatoria (bacharelato superior). Foi deputado e intentou mellorar as condicións laborais dos educadores. Fundou a Escuela Nacional de Maestros, a Escuela Internacional de Arqueología y Etnografía e, en colaboración con Justo Sierra, a Escuela de Altos Estudios e a Universidad de México (1910); foi ademais membro fundador do Colegio Nacional en 1943. En 1915 formulou dous proxectos de lei: un sobre a federalización da educación e outro sobre a autonomía universitaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornadas de cine promovidas polo Cineclub do Carballiño a partir de 1984 e que se organizan anualmente. A súa orixe foi o interese da dirección xeral de Cultura da Xunta de Galicia por aproveitar o labor que estaba a desenvolver este cineclub coa Semana de Cine. Nelas participaron un gran número de profesionais do sector: actores, directores, produtores, distribuidores, etc. Tamén se proxectaron gran cantidade de películas, curtametraxes, documentais e outras producións relacionadas co mundo da cinematografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao clítoris.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cnidosporídeos.

    2. Protozoo da clase dos cnidosporídeos.

    3. Clase de protozoos que se caracterizan por ter esporas non móbiles, cada unha con dous ou máis filamentos polares. Son todos parasitos.

    VER O DETALLE DO TERMO