Castro de Valdeorras, fortaleza do

Castro de Valdeorras, fortaleza do

Torre defensiva medieval situada sobre un outeiro no que se asentou un poboado castrexo. A fortificación, da que só se conservan partes dos muros de cachotería nun estado semirruinoso, foi unha fundación de reguengo do s XII que despois deu lugar ao núcleo urbano primitivo da vila do Barco de Valdeorras. A súa xurisdición estivo en mans dos principais señores da comarca ata que, no s XV, os condes de Ribadavia a recibiron como unha doazón dos Reis Católicos. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.