"Durán" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 61.

  • PERSOEIRO

    Xornalista e feminista. Redactora de La Presse, fundou varios xornais: La Fronde (1897), redactado e dirixido por mulleres, L’Action (1905) e Les Nouvelles (1909), nos que defendeu os dereitos da muller e a igualdade sexual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Investigador inglés. Introduciu o laminado de ferro estampado (latón) como envase para conservar alimentos. Este envase pasou a ser definitivamente popular cos descubrimentos de Appert (appertización), que evitaban os inconvenientes do vidro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Marchante e galerista. Foi impulsor da escola de Barbizon e dende 1870 dos impresionistas. Organizou, entre outras, a segunda exposición impresionista na súa galería da rúa Le Peletier e, tralo éxito dunha realizada en Nova York (1886), abriu unha galería filial nesta cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político. Exiliouse en 1831 pola súa participación nunha conxura liberal. Logo do seu retorno, participou na loita contra os austríacos (1848) e accedeu ao cargo de ministro da Guerra (1855). Serviu como embaixador en Istambul (1856-1861) e foi ministro de Asuntos Exteriores dende 1862. Presidiu o Senado entre 1884 e 1887. É autor da obra Della nazionalità italiana (Sobre a nacionalidade italiana, 1846), na que defendeu a centralización política e a abolición do poder do papa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do territorio de Bizkaia, Euskadi, situado ao SL de Bilbao, no val do río Ibaizabal (23.909 h [1996]). É o centro económico e comercial da comarca do Duranguesado. A súa economía baséase na industria, especialmente na siderurxia e na metalurxia. Fundada en 1180, no s XIX foi un activo centro carlista. Do seu patrimonio monumental destacan as igrexas de Uribarriko Andra Mariaren (s XIV) e a de San Pedro Tabirako (ss XV-XVII), a Kurutziagako, un cruceiro medieval, e o arco Santa Anako (s XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado homónimo, México, situada nos contrafortes de Sierra Madre Occidental (464.566 h [estim 1995]). A gandería é a principal actividade económica, principalmente a cría de gando porcino, bovino e caprino, que se exporta a EE UU. Tamén é importante a agricultura, sobre todo os cultivos de algodón, cereais, viña e árbores froiteiras. Na industria destaca a elaboración de produtos lácteos, a cervexa e o sector téxtil. Do seu patrimonio monumental cómpre salientar a catedral (ss XVII-XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do NO de México, situado entre Sierra Madre Occidental e a parte O da Altiplanicie Mexicana (123.181 km2; 1.431.748 h [estim 1995]). A capital é Durango. A metade da poboación dedícase á agricultura, que é principalmente cerealista. A gandería é bastante importante, xa que é o principal exportador de carne bovina de México. Posúe xacementos de ferro que son explotados por unha pequena industria metalúrxica. Na época colonial formou parte da provincia de Nueva Vizcaya, que en 1760 se constituíu en vicerreinado. Converteuse en estado en 1824.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expresa o espazo de tempo en que se realiza a acción do verbo.

    2. Expresa que algo é simultáneo ao que se indica despois da preposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Foi primo maestro no conservatorio de Nápoles Poveri di Gesù Cristo, en Santa Maria di Loreto e en San Onofrio. Compuxo motetes, salmos, oratorios, misas, pezas instrumentais e cantatas profanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Maxistrado e deportista. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1958). En 1962 ingresou na carreira xudicial: foi xuíz de primeira instancia e instrución, maxistrado de traballo e en 1989 incorporouse como maxistrado ao Tribunal Superior de Justicia de Madrid. Como deportista federado, practicou diversas disciplinas (baloncesto, balonmán, voleibol, pesca submarina, pelota, tenis, caza, pesca, tiro, fútbol e natación), pero destacou especialmente no atletismo. Participou en competicións de saltos (lonxitude, altura e triple), velocidade (200 m) e lanzamento (peso, disco e martelo). Nestas últimas modalidades obtivo os seus maiores éxitos: en lanzamento de disco foi plusmarquista galego xuvenil e subcampión de España, preseleccionado para os Xogos Olímpicos de Roma 1960; en lanzamento de peso foi plusmarquista galego xuvenil e absoluto. Acudiu aos campionatos mundiais de Bruxelas 1963 e Salónica 1964. Capitaneou o club Hércules da Coruña e proclamouse campión...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da provincia de Segovia, afluente, pola marxe esquerda, do Douro cunha lonxitude de 103 km. Próximo á serra do Guadarrama, pasa por Sepúlveda e Peñafiel, onde desemboca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico de arte e escritor. Defensor do realismo social e do impresionismo, é un dos personaxes representados por Fantin-Latour en Hommage à Delacroix (Homenaxe a Delacroix, 1864). Foi un dos fundadores da revista Réalisme (1856). Escribiu, entre outras obras, La nouvelle peinture (A nova pintura, 1876) e as novelas Le malheur d’Henriette Gérard (A desgraza de Henriette Gérard, 1860), La cause du beau Guillaume (A causa do fermoso Guillaume, 1862) e Le peintre Louis Martin (O pintor Louis Martin, 1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Doutorouse en Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela en 1983. Foi profesor na universidade compostelá dende 1979 a 1986 e na Universidade de Vigo dende 1986, onde ocupa o cargo de catedrático de Matemática Aplicada dende 1992. O seu labor como investigador céntrase na análise matemática e numérica de ecuacións en derivadas parciais que rexen diferentes fenómenos da física e da enxeñería; especialmente, en problemas de fronteira libre, métodos de elementos finitos e aplicacións en termodinámica, triboloxía e glacioloxía. Parte deste traballo desenvolveuno en centros estranxeiros, como o Institut National de Recherche en Informatique et Automatique de París (1984, 1985 e 1987) e no Institut National des Sciences Apliquées de Lyon (1989, 1991, 1993, 1996 e 1998). É autor de máis de 60 traballos de investigación publicados en revistas científicas. Ofreceu numerosas conferencias en universidades españolas e estranxeiras e participou en máis de 30 congresos nacionais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiadora. Doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1987) e profesora de historia medieval da facultade de Humanidades da Universidade de Vigo dende 1974, da que foi vicedecana (1994-1996) e decana dende 2001. Realizou traballos de investigación relacionados co Bierzo e coa provincia de Ourense; entre outros, destacan os estudios sobre o monacato cisterciense na provincia de Ourense, a antroponimia galaico-leonesa dos s X ao s XIV e a cultura vinícola na zona do Ribeiro, as Rías Baixas e Valdeorras. Colaborou, nas publicacións, Estudios Humanísticos e Estudios Bercianos e nas obras La ciudad y el mundo urbano en la Historia de Galicia (1988), Poder y sociedad en la Galicia Medieval (1992), El monacato en la diócesis de Astorga durante la Edad Media (1995), Historia de Ourense (1996) e Galicia fai dous mil anos. O feito diferencial galego (1997). Entre as súas obras destacan San Pedro de Montes:...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Realizou o tabernáculo da capela do Hospital Real e traballou nos retablos da igrexa da Ensinanza baixo a dirección de Bertomeu Fernández. Con este nome documéntase tamén outro pintor compostelán que realizou en 1766 unha imaxe da virxe do Rosario para Vimianzo e, entre outras obras, tres remates para un colateral e un frontal do altar da mesma igrexa e unha imaxe de santo Antonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. Formouse con María Corredoyra. As súas obras, realizadas ao óleo, caracterízanse polo realismo e pola experimentación da perspectiva, a cor e os elementos pitóricos. Cultiva a paisaxe, o bodegón e as escenas de interior inspiradas no mundo galego. Realizou exposicións en Galicia e Catalunya e participou, entre outras mostras colectivas, na Semana da Galiza no Gran Casino de Estoril (1981) e no Salón de Arte Contemporánea dos Países Celtas no Festival Interceltique de Lorient (1992). A súa obra está, entre outras coleccións, no Museo de Pontevedra e no Museo das Mariñas de Betanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Militou no Partido Conservador e no ano 1922 foi nomeado director xeral de prisións. Deputado desde 1914, representou o distrito do Carballiño entre 1918-1923.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Carpinteiro. De nome Luís Costa García, foi membro das Juventudes Libertarias. En xullo de 1937 foi detido e condenado a morte, pena conmutada por cadea perpetua. Liberado en 1943, colaborou na clandestinidade co Comité da CNT galaica e nos contactos co Partido Galeguista para conformar a Alianza Nacional de Fuerzas Democráticas, ata a súa detención en 1946. Logo de pasar tres anos na cadea, conseguiu fugarse e pasar a Francia. A partir dos anos cincuenta residiu en Australia, Uruguay e nos EE UU. Das súas obras destacan Pola Liberdade: a loita antifranquista de Luís Costa (2001, primeira edición en castelán 1956); Bibliografía de la Guerra Civil española: 1936-1939 (1964) e La Guerra Civil española. Fuentes (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico, astrólogo, gramático e esexeta xudeu. Coñecido nas fontes hebreas como I ṣḥ aq ben Moše ha-Leví, ao bautizarse en 1392 tomou o nome de Honorat de Bonafè, aínda que asinaba os seus escritos en hebreo co acrónimo Efodi. Publicou dous escritos anticristiáns: unha carta satírica e Kelimat ha-Goyyim (Confusión dos cristiáns). Escribiu unha gramática hebrea Ma’aśé Efod (1404), un curto comentario a Maimónides, e algúns escritos menores sobre astronomía, a Biblia e filosofía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Licenciado en Ciencias Químicas, traballou en Radio Pontevedra (1982), Faro de Vigo en Pontevedra (1984) e en Radio Noroeste (1984-1985), ata a súa incorporación á TVG. Na canle autonómica foi xefe de deportes (1990-1993), redactor xefe de informativos (1993-2000) e presentador e director de numerosos programas, como O Semanal, Reporteiros e Galicia Directo. Publicou o libro de relatos O Asasino Invisible (1998), o ensaio Roberto Blanco Torres. Xornalista e poeta (1999) e A televisión, as novas tecnoloxías e a conduta dos nenos (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO