"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución parisiense derivada dunha das antigas seccións do Institut de France, creadas cando a súa fundación en 1793 logo da disolución das vellas academias, que no ano 1816 se refundaron en torno á Académie Française (escritores) e a de Belas Artes (artistas). Conta con 50 membros. A Académie de France de Roma e a Casa de Velázquez de Madrid son as dúas institucións internacionais que dependen dela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación que reciben as esponxas non calcarias, que corresponden á clase das demosponxas e das hexactinélidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
randeeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria da Coruña. As súas armas levan, en campo de azur, un acaneadoiro atado a dúas árbores.
-
-
Mover algo ou unha persoa sen que se produza un desprazamento no espazo que ocupa.
-
Axitar as pólas dunha árbore para que se desprendan os froitos.
-
Moverse un corpo sen cambiar de lugar.
-
Camiñar movendo o corpo a un lado e a outro acompasadamente, con graza e lixeireza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poñer a falar xuntas a dúas ou máis persoas que fan afirmacións contraditorias, co fin de averiguar a verdade dun feito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Muíño fariñeiro que posúe unha gran roda hidráulica situada verticalmente e que se pon en movemento ao caer a auga nas súas pas. Normalmente está situada nun río, aproveitando o seu cauce, pero tamén se pode ver na beira do mar contando coas súas mareas.
-
-
Apelido proveniente do nome común acea que co tempo pasou a antropónimo e topónimo. Velaí, por exemplo, o lugar de Acea da Ma, no concello de Culleredo, que pode interpretarse como ‘muíño da ama’. Relacionados etimoloxicamente con este apelido están tamén as variantes gráficas Aceal e Acear.
-
Liñaxe orixinaria de Mondoñedo. As súas armas levan, en campo de azur, unha acea.
-
-
PERSOEIRO
Licenciada en Filoloxía Galega e Hispánica. Redactora da Enciclopedia Galega Universal e investigadora no eido da Literatura Medieval. Autora do artigo “Encrucillada sociolingüística do Paraguai”.
VER O DETALLE DO TERMO
Na actualidade é profesora e vicedirectora do IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño. -
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento formado por dúas pezas móbiles, unidas e rematadas en forma de gancho que se colocan no fociño de bois e équidos, de ferro e madeira respectivamente, para evitar que se traben ao ser ferrados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro afeccionado que desenvolve diversas actividades de animación teatral na cidade de Lugo, con dirección, entre outros, de Mercedes Arias, Apolinar Vecino e Tareixa Campo. Desde 1988, data da súa creación, estrearon diversos espectáculos, entre os que cómpre destacar Maxia Vermella, recreación do texto homónimo de Michel de Ghelderode, dirixida por Tareixa Campo.
-
PERSOEIRO
Estadista e avogado norteamericano. Secretario de estado na administración Truman (1949-1953), foi un dos promotores do UNRRA (1943) e do Plan Marshall (1948); interveu na creación da OTAN (1949-1950) e na elaboración do tratado de paz co Xapón (1951). Gañou o premio Pulitzer de Historia (1970) con Present at the Creation (Presente na Creación).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das asteráceas ao que pertence A. ptármica, que se atopa en Galicia de forma naturalizada en prados húmidos, ribeiras e pantanos, e a herba das cortadelas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desaparecer as nubes ou a néboa do ceo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado en 1992 entre o Canadá, os EE UU e México polo que se creaba no territorio dos tres estados unha zona de libre comercio. O tratado ten como obxectivos eliminarlle os obstáculos ao libre comercio, promover a libre competencia, posibilitar oportunidades de investimento, protexer os dereitos da popiedade intelectual, establecer procedementos para a resolución de conflitos e fomentar a cooperación trilateral, rexional e internacional. Para acadar os seus fins establece unha serie de medidas como unha redución progresiva dos aranceis, que deben desaparecer nun prazo determinado no caso dos produtos máis sensibles, a consideración de produto nacional cun tratamento non discriminatorio para os bens fabricados en calquera dos tres países, a prohibición de fixar impostos á exportación, a apertura das compras do sector público a provedores dos tres países e a eliminación das restrición cuantitativas; se ben se incorporan unhas certas salvagardas en temas sanitarios e medioambientais,...
-
-
Bacteria da familia das acromatiáceas.
-
Familia de bacterias da orde das bexiatoais. Viven nas augas mariñas e continentais, e caracterízanse porque non forman tricomas.
-
-
-
Bacteria da familia das acromobacteriáceas.
-
Famila de bacterias da orde dos eubacteriais formada por bacilos gramnegativos, de vida libre ou parásitos, de caracteres metabólicos intermedios entre as azotobacteriáceas e as enterobacteriáceas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Documento asinado en febreiro de 1986 polos estados membros da CEE que modificou e complementou os tratados fundacionais das Comunidades Europeas. Aprobado polo Consello Europeo en decembro do 1986, entrou en vigor o 1 de xullo de 1987 despois do trámite de ratificación nos parlamentos dos estados membros. Con este documento confirmouse a data do 1 de xaneiro de 1993 para establecer un alicerce xurídico dirixido á consolidación dun gran mercado interior e único nos países integrantes, que garantira a libre circulación de persoas, bens e servicios, paso previo á unificación política dos estados da Unión Europea. O tratado ampliaba tamén os poderes dos órganos de goberno, con el a Comisión podía adoptar decisións por maioría cualificada e non tan só, como ata entón, por unanimidade; ademais, o Parlamento podía enmendar a lexislación. Acordouse, así mesmo, impulsar as políticas de investigación e de medio ambiente e harmonizar a política exterior dos estados membros.